Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Mércores, 19 de marzo de 2003 Páx. 3.353

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 26 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 271/2002 PRO, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 26 de febreiro de 2003, o/a instructor/a do procedemento dictou proposta de resolución do expediente sancionador 271/2002 PRO, incoado na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade da Coruña a Club Casablanca.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Club Casablanca o contido da dita proposta que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle sabe-lo dereito que o asiste, ó abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta delegación provincial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consulta-lo expediente, depositado nas dependencias desta delegación, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña e a obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 26 de febreiro de 2003.

Mª Blanca García Varela

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 271/2002 PRO.

Denunciado: Club Casablanca.

Último enderezo coñecido: estrada dos Baños de Arteixo, s/n. A Coruña.

Feito imputado: venda de alcohol a un menor.

Preceptos presuntamente infrinxidos: artigo 35.1º b) da Lei 14/1986, xeral de sanidade, e artigo 13.1º da Lei 2/1996, de Galicia sobre droga.

Tipificación: grave.

Sanción proposta: arquivo.