Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Mércores, 19 de marzo de 2003 Páx. 3.353

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

AVISO do 10 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se anuncian os traballos de investigación da propiedade na zona de Goá (Cospeito-Lugo).

Acordada por Decreto 137/2000, do 25 de maio, (DOG nº 110, do 7 de xuño), a concentración parcelaria da zona de Goá (Cospeito-Lugo), anúnciase que os traballos de investigación da propiedade darán comezo ó día seguinte de ser publicado o último dos avisos que corresponde facer no DOG, no BOP, no diario de máis difusión da provincia, no taboleiro de anuncios do concello e no lugar habitual da parroquia, e desenvolveranse durante o prazo de vinte días prorrogables, en lugar axeitado da zona.

Co fin de reuni-los datos necesarios para establece-las bases de concentración, requírense os propietarios, rendeiros e, en xeral, os cultivadores e titulares de calquera gravame, para que no prazo sinalado, presenten os títulos ou documentos nos que fundamenten os seus dereitos.

Tamén se notifica a tódolas persoas que aproveitan augas públicas para que declaren o predio ou predios

que regan con elas, e se tal aproveitamento está inscrito no rexistro correspondente.

Os predios que non sexan declarados, serán considerados como de dono descoñecido e daráselle-lo destino sinalado nas disposicións vixentes.

A falsidade nas declaracións dará lugar, á parte das sancións penais, á responsabilidade polos danos e perdas que se ocasionen.

Lugo, 10 de febreiro de 2003.

José R. Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo