Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Mércores, 19 de marzo de 2003 Páx. 3.337

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (828/2002).

Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número un dos de Lugo, dou fe e testemuño de que nos autos de xuízo número 828/2002, seguidos por instancia de José Pablo Lamela Castro contra a empresa Rescom Consultoría, S.L. e outros, sobre

despedimento, dictouse a sentencia que ten como encabezamento e parte dispositiva seguinte:

«Sentencia. En Lugo, trinta e un de xaneiro de dous mil tres.

Vistos por Mª de los Ángeles Vega, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número un dos de Lugo, os presentes autos de xuízo verbal número 828/2002 sobre reclamación por despedimento, no que son partes como demandante José Pablo Lamela Castro, representado pola letrada Nuria González Lores, e como parte demandada a empresa Dirickx, S.A.S., representada por Pierre Miguel Claude Varlet e asistido polo letrado David Sánchez Ballester, o Fondo de Garantía Salarial, representado polo letrado José Carlos Pérez Vázquez, e a empresa Rescom Consultoría, S.L., a cal non compareceu malia estar citada en legal forma. Decido que desestimando a demanda deducida por José Pablo Lamela Castro, sobre despedimento, contra as empresas Rescom Consultoría, S.L. e a sociedade francesa Dirickx, S.A.S., tendo sido, así mesmo, parte o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), debo absolver e absolvo as partes demandadas dos pedimentos da demanda rectora da litis, por inexistencia de despedimento, téndose extinguido

validamente a relación laboral o 21 de outubro de 2002, por mutuo acordo das partes.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, coa advertencia de non ser firme, porque contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo, se é o caso, anunciar ante este xulgado o propósito de inicialo no prazo de cinco días seguintes á notificación daquela e cumprindo os demais requisitos establecidos no artigo 192 e seguintes do texto refundido da Lei de procedemento laboral.

Así, por esta miña sentencia definitiva, da que se levará testemuño ós autos, pronúncioo, mándoo e asínoo. Mª de los Ángeles Andrés Vega. Rubricado.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentencia pola maxistrada que a subscribe, cando celebraba audiencia pública no día da súa data, do que eu secretario certifico. Rafael González Alió. Rubricado».

Concorda ben e fielmente co orixinal e para que lle sirva de notificación en forma á empresa Rescom Consultoría, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino esta cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, en Lugo, trinta e un de xaneiro de dous mil dous.

O secretario

Rubricado