Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Mércores, 19 de marzo de 2003 Páx. 3.337

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (732/2002).

Eu, Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número un dos de Lugo, dou fe e testemuño de que nos autos de xuízo número 732/2002, seguidos por instancia de Juan Carlos García Santín e outros contra a empresa Informática y Comunicaciones e outro, sobre cantidade, se dictou a sentencia co encabezamento e parte dispositiva que di:

«Sentencia. En Lugo, o trinta e un de xaneiro de ano dous mil tres.

Vistos, por Mª de los Ángeles Andrés Vega, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número un dos de Lugo, os presentes autos de xuízo verbal nº 732/2002, sobre reclamación por cantidade, no que son partes como demandante Juan Carlos García Santín, José Luis López López, Miguel Ángel Vila Pardiño, Ángel Javier García Permuy, Juan José Gómez Gómez, José Díaz Rifón e Juan José Álvarez

Díez, asistidos polo letrado Alberte Xullo Rodríguez Feijóo, José Luis Díaz Coira e Antonio García Permuy, representados polo mesmo letrado, e como parte demandada o Fondo de Garantía Salarial, representado polo letrado José Carlos López Vázquez e a empresa Informática y Comunicaciones, S.A. (Incosa), a cal non compareceu malia estar citada en legal forma.

Decido que, estimando a demanda interposta por Juan Carlos García Santín, José Luis Díaz Coira, José Luis López López, Antonio García Permuy, Miguel Ángel Vila Pardiño, Ángel Javier García Permuy, Juan José Gómez Gómez, José Díaz Rifón e Juan José Álvarez Díez, contra a empresa Informática y Comunicaciones, S.A. (Incosa), en materia de reclamación de cantidade, debo condenar e condeno a empresa accionada a lles satisfacer ós demandantes, polos conceptos xa expresados e desagregados no feito probado terceiro da presente, a recíproca e respectiva cantidade bruta de cinco mil cento trinta e catro euros con vintenove céntimos de euro 5.134,29 euros, catro mil seiscentos oitenta e catro euros con oitenta e catro céntimos de euros deberá consta-lo número de procedemento, quedará baixo a custodia do secretario, que expedirá testemuño deles para a súa unión ós autos, facilitando o oportuno recibo, máis o depósito de 150,25 euros, prevido para esta clase de recursos que se deberá constituír

na mesma conta nº 2322-65-nº de autos 732/2002 da entidade Banesto, que para o efecto e baixo a denominación de recurso de suplicación existe, debendo entregarse os xustificantes na secretaría deste xulgado ó tempo de interpoñe-lo recurso, en caso de se-la empresa demandada condenada Incosa quen o interpuxese, de conformidade co disposto no artigo 227 do referido texto legal.

Así por esta miña sentencia definitiva o pronuncio, mando e asino.

Mª de los Ángeles Andrés Vega. Rubricado.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentencia pola maxistrada que a subscribe, estando celebrando audiencia pública no día da súa data, do que eu secretario certifico. Rafael González Alió. Rubricado».

Concorda ben e fielmente co orixinal e para que lle sirva de notificación en forma á empresa Informática y Comunicaciones, S.A. (Incosa), en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, en Lugo, o trinta e un de xaneiro de dous mil tres.

Rubricado