Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Mércores, 19 de marzo de 2003 Páx. 3.337

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE RIBADAVIA

EDICTO (319/2001).

Dolores Chapela Pérez, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Ribadavia, certifico que nos autos do xuízo de divorcio contencioso que se seguen neste xulgado co número 319/2001 se dictou sentencia con encabezamento e decisión do seguinte teor literal:

«Vistos por Alejandro Gracia Lafaja, xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Ribadavia e o seu partido xudicial estes autos rexistrados co número 319/2001 seguidos por instancia da demanda interposta por Carina González López, representada polo procurador Merens Ribao e asistida pola letrada María Isabel Patiño, contra Malik Bounab, en rebeldía neste procedemento e a teor dos seguintes:

Fallo que estimando a demanda interposta polo procurador Merens Ribao, en nome e representación de Carina González López contra Malik Bounab, en rebeldía neste procedemento.

1. Debo declarar e declaro a disolución por divorcio do matrimonio formado por Carina González López e Malik Bounab, con tódolos efectos inherentes á dita declaración.

2. No se fai pronunciamento sobre custas.

E para que conste e lle sirva de notificación ó demandado citado en paradoiro descoñecido, mediante a publicación deste edicto no DOG, expido e asino este edicto en Ribadavia o 23 de xaneiro de 2003.

Rubricado