Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Mércores, 19 de marzo de 2003 Páx. 3.336

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO OITO DE VIGO

EDICTO (360/2002).

José Luis Gutiérrez Martín, secretario deste Xulgado de Primeira Instancia número oito de Vigo, certifica que no xuízo verbal de desafiuzamento nº 360/2002 se dictou a seguinte sentencia:

«En Vigo o dez de xullo de dous mil dous.

José Manuel Couñago Garrido, maxistrado-xuíz de primeira instancia número oito de Vigo e o seu partido, vistos os presentes autos de verbal desafiuzamento por falta de pagamento 360/2002, seguidos neste xulgado, entre as partes seguintes:

Demandante: Benito León Blanco, representado pola procuradora Gemma Alonso Fernández e defendido polo letrado Sergio Gutiérrez Rodríguez.

Demandada: Belén Gómez Pantín.

Versa a litis sobre resolución de contrato de arrendamento da vivenda sita en Torrecedeira, 58-3º B, Vigo.

Decido que estimando a demanda presentada por Benito León Blanco contra Belén Gómez Pantín, debo declarar e declaro resolto o contrato de arrendamento, do 15 de maio de 1996 da vivenda sita na rúa Torrecedeira, 58-3º B desta cidade no que se inclúe ademais o arrendamento da praza de garaxe 21 e rocho 11 e que foi subscrito entre o pai do demandante e a demandada; condenando á demandada a que o desaloxe no prazo legal, baixo apercibimento de lanzamento se non procede a tal desaloxo; con expresa condena en custas da parte demandada.

Notifíquese ás partes esta sentencia indicando que non é firme podendo interpoñerse recurso de apelación perante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que se presentará perante este xulgado no prazo de cinco días desde a data da súa notificación».

E para a súa inserción nese boletín, co fin de que sirva de notificación da anterior sentencia á parte demandada Belén Gómez Pantín, por estar en paradoiro descoñecido, expídese este edicto en Vigo o vintetrés de xaneiro de dous mil tres.

O secretario xudicial

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE RIBADAVIA