Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Mércores, 19 de marzo de 2003 Páx. 3.336

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DA CORUÑA (SECCIÓN SEGUNDA)

EDICTO (1881/2001).

Na Coruña o oito de outubro de dous mil dous. A Sección Segunda da Audiencia Provincial da Coruña, constituída por María del Carmen Taboada Caseiro, presidenta, Mª José Pérez Pena, Luis Barrientos Monge, maxistrados,

En nome de El-Rei pronunciaron a seguinte sentencia.

Visto en grao de apelación, perante esta sección Segunda da Audiencia Provincial da Coruña, os autos de cognición 18/2001, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Arzúa, ós que correspondeu a peza 1881/2001, nos que aparece como parte apelante os demandados Purificación Rey Pérez, Isabel Iglesias Rey, Andrés Iglesias Rey, José Luis Iglesias Rey, José Antonio Iglesias Rey, María Concepción Iglesias Rey, Pilar Iglesias Rey, Elena Iglesias Rey, Fernando Iglesias Rey, José Ramón Iglesias Rey, Manuel Iglesias Rey, José Bernárdez Souto e Jesús Bernárdez Souto, representados en primeira instancia polo procurador Caamaño Frade; e como apelado o demandante Jesús Gil Rivas quen actúa en nome propio e á vez en beneficio da sociedade de gananciais formada coa súa muller Herminia Couso Vázquez, e como demandados apelados declarados en situación procesual de rebeldía María Isabel Iglesias Rey, Ramón Iglesias Rey, Juan Iglesias Rey e María del Carmen Bernárdez Souto;

e sendo maxistrada relatora María José Pérez Pena.

Decidimos, que con desestimación do recurso de apelación interposto contra a sentencia dictada o 25 de xuño de 2001 polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Arzúa, debemos confirmar

e confirmamos na súa integridade a citada resolución; todo isto, con imposición das custas causadas nesta alzada á parte recorrente.

Así, por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que conste, expido e asino este edicto na Coruña o catorce de xaneiro de dous mil tres.

Rubricado