Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Mércores, 19 de marzo de 2003 Páx. 3.338

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (712/2002).

Camilo José García-Puertas Magariños, secretario do Xulgado do Social número dous de Santiago de

Compostela, fai saber: que neste xulgado do social se segue procedemento nº 712/2002, por instancia de Marcos Chouza Seijo, contra Promociones Barreiro Leal, S.L., e Fogasa, sobre despedimento, o acto de conciliación e o xuízo están sinalados para o vindeiro día 26 de maio de 2003, ás 10 horas. Cítase en única convocatoria, a empresa Promociones Barreiro Leal, S.L. que tivo o seu domicilio na Rosa, nº 22, 3º esquerda, ou na Rúa de Mallou 60, baixo, ambas en Santiago de Compostela, e hoxe en paradoiro descoñecido para que, acompañada de tódolos medios de proba de que intente valerse, compareza ante este xulgado, sito na rúa Viena, Polígono das Fontiñas, con fin de asistir á realización do acto de conciliación e xuízo correspondente.

Advírtese que as sucesivas dilixencias se lle notificarán nos estrados deste xulgado, agás aquelas que expresamente exceptúa a Lei de procedemento laboral, e fáiselle saber que a copia da demandada está á súa disposición na secretaría deste xulgado. Requírese a referida empresa para que no acto do xuízo achegue nos autos os contratos de traballo, as nóminas desde o 2-11-2002 ata a data do despedimento, certificacións de cotizacións á Seguridade Social desde o mesmo período e o libro de matrícula de persoal.

Cítase, así mesmo, o representante legal da referida empresa, cos apercibimentos do artigo 91.3º da Lei de procedemento laboral, en relación co artigo 304 da LAC, en relación co artigo 292 da mencionada lei.

E para que conste e lle sirva de notificación, citación e requirimento á empresa Promociones Barreiro Leal, S.L., expídese este edicto en Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA