Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Mércores, 19 de marzo de 2003 Páx. 3.338

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2003 pola que se convoca a contratación dunha entidade financeira para a concertación dun crédito destinado a financiar, por medio de leasing financeiro, a dotación de vehículos para o Parque Móbil da Xunta de Galicia e para seleccionar provedor/es.

Obxecto: contratación dunha entidade financeira para a concertación dun crédito destinado a finan

ciar, por medio de leasing financeiro, a dotación de vehículos para o Parque Móbil da Xunta de Galicia e para seleccionar provedor/es.

División en lotes: si (5).

Prazo de entrega: 30 días.

Duración do contrato: 4 anos.

Orzamento total: 2.026.358 euros.

Garantía provisional para a entidade financeira: 40.527,16 euros.

Garantía provisional para a empresa provedora: 32.147,92 euros para o total dos lotes ou proporcional ó importe de cada un, como se especifica no PCAP.

Garantía definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

Documentos de interese para os licitadores: a documentación estará ó dispor dos licitadores na Subdirección Xeral de Servicios da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, situada no edificio central do complexo administrativo de San Caetano, 2ª planta, en Santiago de Compostela, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, e no enderezo da Internet http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2274.

Modelos de proposicións: os que figuran como anexos I e III ó prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, sito na planta baixa de edificio administrativo central de San Caetano, Santiago de Compostela, por correo, da forma indicada no artigo 80 do regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas. O prazo de admisión rematará o día 28 de abril de 2003 ás 14 horas.

Apertura de proposicións: en acto público, na sala B de reunións da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública (soto do edificio central de San Caetano) ás 12 horas do día 8 de maio de 2003.

O importe dos anuncios relativos a este concurso serán por conta do/s adxudicatario/os, que deberán aboalos con antelación ó asinamento do contrato.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2003.

P.D. (Orde 18-12-2001)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia,

Relacións Institucionais e Administración Pública