Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Martes, 18 de marzo de 2003 Páx. 3.274

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Autopista Central Gallega, Cesa.

Visto o texto do convenio colectivo de ámbito interprovincial da empresa Autopista Central Gallega, Cesa (código de convenio nº 8200732), que se subscribiu con data do 18 de novembro de 2002, entre a representación da empresa, e o delegado de persoal e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta dirección xeral,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do devandito convenio colectivo no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remiti-lo texto orixinal ó correspondente servicio deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2002.

Pilar Cancela Rodríguez

Director xeral de Relacións Laborais

Convenio colectivo da empresa Autopista Central Gallega, Cesa

Capítulo I

Ámbito de aplicación

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O convenio será aplicable, dentro do seu ámbito funcional, nos centros de traballo actualmente existentes en Galicia e os que poidan crearse no futuro.

Artigo 2º.-Ámbito persoal e funcional.

As condicións de traballo aquí reguladas afectarán a tódolos traballadores/as (en diante traballadores) calquera que sexa a súa actividade na empresa Autopista Central Gallega, Cesa, destinados nos centros de traballo a que se alude no artigo anterior.

Artigo 3º.-Ámbito temporal.

A vixencia do convenio iniciarase o día do seu asinamento e alcanzará ata o 31 de decembro do ano 2012.

Artigo 4º.-Denuncia.

A denuncia do convenio por calquera das partes asinantes efectuarase cun mes de antelación, como mínimo, á data do seu vencemento. Terase que for

maliza-la denuncia por escrito e dirixirse a tódalas representacións que subscriban este convenio e á autoridade laboral competente consignando os puntos que se queren modificar.

Artigo 5º.-Prórroga.

En caso de que ningunha das partes lexitimadas denunciara o convenio dentro do prazo marcado no artigo 4º, o convenio entenderase prorrogado tacitamente por períodos dun ano ata que se conclúa a negociación dun novo convenio e este entre en vigor.

Artigo 6º.-Compensación e absorción.

Aplicarase, no referente ás cuestións do epígrafe, o establecido no artigo 26.5º do Estatuto dos traballadores e demais disposicións aplicables.

Capítulo II

Organización do traballo

Artigo 7º.-Facultades e responsabilidades.

A organización do traballo, con suxeición ás normas do artigo seguinte, é facultade privativa da empresa, exercida a través dos seus órganos de dirección e sempre de acordo co establecido no artigo 20 do Estatuto dos traballadores e neste convenio colectivo.

Artigo 8º.-Normas para o seu desenvolvemento.

A organización do traballo comprende a título enunciativo as seguintes normas:

1. A adxudicación de tarefa específica, necesaria para a plena actividade do traballo.

2. A esixencia da actividade e un rendemento normais para cada traballador, e en xeral para todo o persoal da empresa.

3. A fixación do índice da calidade admisible na realización do traballo.

4. A mobilidade e redistribución do persoal de maneira racional, compatible coa dispersión dos centros de traballo e estrictas necesidades do servicio, de acordo co que se establece nos artigos 39 e 40 do Estatuto dos traballadores, e as limitacións establecidas nos artigos 12º e 13º deste convenio.

Artigo 9º.-Dirección e control da actividade.

1. O traballador está obrigado a realiza-lo traballo convido baixo a dirección do empresario ou a persoa en quen este delegue.

2. En cumprimento da obriga de traballar asumida no contrato, o traballador debe ó empresario a dilixencia e a colaboración no traballo que marquen as disposicións legais, o presente convenio e as ordes ou instruccións adoptadas por aquel no exercicio regular das súas facultades de dirección e, no seu defecto, polos usos e costumes. En calquera caso, o traballador e o empresario someteranse nas súas prestacións recíprocas ás esixencias da boa fe.

3. A empresa poderá verifica-lo estado de enfermidade ou accidente do traballador que sexa alegado por este para xustifica-las súas faltas de asistencia ó traballo, mediante recoñecementos por parte do persoal médico. A negativa do traballador ós ditos recoñecementos poderá determina-la suspensión dos dereitos económicos que puidesen existir a cargo do empresario polas ditas situacións.

Capítulo III

Clasificación profesional

Artigo 10º.-Clasificación profesional e asignación de persoal.

A empresa, en virtude das súas facultades de organización e dirección, encadrará a todo o persoal nos grupos profesionais, asignacións funcionais e niveis retributivos que figuran no artigo 11º e no anexo II.

Artigo 11º.-Estructura de grupos profesionais, asignacións funcionais e niveis salariais

Os grupos profesionais segundo as funcións e actividades dentro da empresa serán os seguintes:

* Grupo primeiro: persoal titulado.

-Asignacións funcionais:

Persoal titulado grao superior.

Persoal titulado grao medio.

* Grupo segundo: persoal administrativo.

-Asignacións funcionais:

Xefe de sección.

Administrativo.

* Grupo terceiro: explotación e mantemento.

-Asignacións funcionais:

Coordinador.

Xefe de peaxe.

Responsable de servicio.

Cobrador de peaxe.

Encargado.

Operario.

En cada asignación funcional a empresa poderá establecer distintos niveis salariais co obxecto de adecua-lo salario ós coñecementos profesionais, experiencia, responsabilidade e outros méritos.

O contido de cada posto de traballo, a súa asignación funcional, de grupo e nivel salarial establecerase, en cada caso, no correspondente contrato de traballo.

Artigo 12º.-Traballos de asignación funcional superior.

1. O traballador que realice funcións de asignación funcional superior ás que correspondan á asignación funcional que tivese recoñecida, por un período superior a seis meses durante un ano ou oito durante dous anos consecutivos, pode reclamar perante a

dirección da empresa a clasificación profesional adecuada.

2. Contra a negativa da empresa e logo de informe do comité ou, se é o caso, dos delegados de persoal, pode reclamar perante a xurisdicción competente.

3. Cando se desempeñen funcións de asignación funcional superior, pero non proceda legal ou convencionalmente o ascenso, o traballador terá dereito á diferencia retributiva entre a función asignada e a función que efectivamente realice.

Artigo 13º.-Traballos de asignación funcional inferior.

Se por necesidades perentorias ou imprevisibles da actividade productiva o empresario precisase destinar un traballador a tarefas correspondentes a unha asignación funcional inferior á súa, só poderá facelo polo tempo imprescindible, manténdolle a retribución e demais dereitos derivados da súa asignación profesional.

Capítulo IV

Contratación, ascensos e cesamentos

Artigo 14º.-Modalidades de contratación.

As modalidades de contratación estarán sempre de acordo co marco establecido nas disposicións legais vixentes. En particular terase en conta:

1. Os contratos de duración determinada por circunstancias da producción, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos, terán unha duración máxima de doce meses nun período de dezaoito contados a partir do momento en que se produzan estas causas.

2. A empresa deberá informa-los traballadores con contratos de duración determinada, incluídos os contratos formativos, sobre a existencia de postos de traballo vacantes, co fin de garantírlle-las mesmas oportunidades de acceder a postos permanentes que os demais traballadores.

3. A empresa facilitará cando se cumpran os requisitos legais e sempre que estea vixente esta modalidade de contratación, a formalización de contratos de substitución por anticipación da idade de xubilación.

4. Co obxecto de facilita-lo fomento da contratación indefinida, poderase utilizar esta modalidade contractual nos supostos previstos na lexislación vixente.

Artigo 15º.-Contrato a tempo parcial.

Os traballadores con contrato a tempo parcial poderán optar a pasar a desenvolve-la súa actividade a xornada completa cando así llo permita a organización do traballo e da producción da empresa, e terán preferencia para cubrir vacantes a xornada completa.

Artigo 16º.-Promocións e ascensos.

A cobertura de postos de mando realizarase por libre designación da empresa. O sistema de pro

moción interna para o resto dos postos de traballo efectuarase mediante concurso interno, a través de criterios obxectivos de adecuación ó posto de traballo. A promoción, dentro dun grupo profesional, dun nivel ó superior realizarase igualmente atendendo a criterios obxectivos, sen prexuízo do establecido nos artigos 12º e 13º.

Artigo 17º.-Regras para a provisión de vacantes.

En canto ás vacantes que se produzan por creación de novos postos de traballo, a empresa terá en conta os seguintes principios básicos:

1. Tódolos traballadores afectados por este convenio poderán solicitar calquera vacante que se produza de asignación funcional superior. A empresa, cando o xulgue necesario, poderá efectua-las probas pertinentes para comprobar se se dan nos aspirantes os requisitos esixidos para o posto que se pretenda cubrir.

2. En igualdade de coñecementos terán preferencia os aspirantes da empresa ós alleos a ela, e entre aqueles os pertencentes ó mesmo departamento onde existise vacante.

3. Tódolos ascensos se considerarán feitos a proba, confirmándose a designación no caso de cobertura do posto de mando ós seis meses, e nos restantes ós tres, salvo que deste período de proba se deduza a falta de idoneidade para a vacante do elixido; neste caso continuará na súa situación anterior, convocándose novamente a praza.

Artigo 18º.-Anuncio de convocatorias.

Nos avisos de convocatoria deberán figura-los seguintes requisitos:

a) Coñecementos que se esixen ou titulación requirida.

b) Nivel profesional.

c) Definición das funcións básicas que hai que desempeñar dentro do posto.

d) Enunciado básico das probas que se van realizar.

Artigo 19º.-Período de proba.

1. Poderá concertarse por escrito un período de proba, que en ningún caso poderá exceder de seis meses para os técnicos titulados, nin de tres para os demais traballadores.

2. Durante o período de proba o traballador terá os dereitos e obrigas correspondentes á súa categoría profesional e ó posto de traballo que desempeñe, como si fose do cadro de persoal, excepto os derivados da resolución da relación laboral, que poderá producirse por instancia de calquera das dúas partes durante o seu transcurso.

3. Transcorrido o período de proba sen que se producise a desistencia, o contrato producirá plenos efectos, computándose o tempo dos servicios prestados na antigüidade do traballador na empresa. A situación de incapacidade temporal que afecte o tra

ballador durante o período de proba interrompe o seu cómputo sempre que se produza acordo entre ámbalas partes.

Artigo 20º.-Cesamento do traballador na empresa.

1. En caso de dimisión do traballador do seu posto de traballo terá que comunicarllo por escrito á empresa cunha antelación de quince días naturais.

2. O incumprimento deste período de aviso previo ocasionará a perda da retribución correspondente ós días que faltasen para cubrir os quince días naturais do período de aviso previo. Este desconto efectuarase dos haberes pendentes de percibir polo traballador.

Capítulo V

Xornada e horario

Artigo 21º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo articúlase cos seguintes conceptos:

1. Xornada máxima de traballo: máximo de horas de traballo en cómputo anual que realizará o traballador, sendo en cómputo anual, de 1.826 horas ou a que estableza a normativa estatal que poida producirse ó respecto, sendo en cómputo semanal de 40 horas e, en cómputo diario de 9 horas.

2. Xornada operativa: consiste no tempo ordinario de traballo efectivo en cómputo anual. A xornada operativa establecerase para cada centro de traballo no correspondente cadro horario.

3. Xornada extraordinaria: é aquela que exceda da xornada máxima. Establécese o principio de evitar e reducir ó máximo as horas extraordinarias que non teñan a consideración de estructurais ou por forza maior, sendo o seu tope numérico o máximo que estableza en cada momento a lexislación vixente.

A retribución dos distintos tipos de xornada será a seguinte:

Xornada máxima legal de traballo: retribúese na contía e segundo o establecido no artigo 25º.

Xornada extraordinaria: o valor da hora extraordinaria consistirá no valor da hora ordinaria do nivel correspondente incrementado nun 50%. O valor da hora ordinaria será o cociente que resulte de dividi-lo salario total do nivel en que estea clasificado cada traballador polo número de horas de xornada máxima de traballo establecida.

Artigo 22º.-Horarios de traballo.

1. A xornada de traballo a que se alude neste artigo poderase realizar en quendas rotatorias de mañá, tarde e noite e en xornada partida.

2. Os horarios de traballo definiranse no calendario laboral anual de xornada operativa de maneira que se axusten ás esixencias normativas e á demanda do servicio.

3. Para poder axusta-la xornada operativa ás necesidades do servicio a empresa está facultada para establecer modificacións horarias nas quendas, sempre que exista xustificación obxectiva, tendo tal modificación a consideración de exercicio regular das facultades de dirección ó abeiro do establecido no artigo 20.2º do Estatuto dos traballadores. Calquera cambio se terá que comunicar cunha antelación mínima de dous días, a non ser que exista aceptación por parte do traballador.

Capítulo VI

Vacacións, licencias e permisos

Artigo 23º.-Vacacións.

1. As vacacións terán unha duración de 30 días naturais e as datas efectivas estableceranse de común acordo entre a dirección e os traballadores, podendo ser divididas nun máximo de dous períodos, cun mínimo de sete días.

2. A empresa elaborará un calendario de vacacións anuais, que se publicará cunha antelación mínima de dous meses á data de desfrute.

3. Cando se efectúen dúas quendas de vacacións o calendario recollerá a súa rotación.

Artigo 24º.-Permisos retribuídos.

Os traballadores, logo de aviso e xustificación, poderán ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, polos motivos e durante o tempo seguintes:

1. Por matrimonio, quince días naturais.

2. Falecemento do cónxuxe, fillos, pais, tres días naturais.

3. Por nacemento de fillo ou adopción, tres días naturais.

4. Por falecemento de parentes ata o segundo grao de afinidade e consanguinidade, dous días naturais.

5. Enfermidade grave, intervención cirúrxica ou hospitalización de parentes ata o segundo grao de afinidade ou consanguinidade, dous días.

6. Para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal, polo tempo indispensable. Cando o cumprimento do deber antes referido supoña a imposibilidade da prestación do traballo debido en máis do vinte por cento das horas laborables nun período de tres meses, poderá a empresa pasar ó traballador afectado á situación de excedencia forzosa. No suposto de que o traballador por cumprimento do deber ou desempeño do cargo perciba unha indemnización, descontarase o importe desta do salario a que tiver dereito na empresa.

7. Por traslado de domicilio habitual, un día.

Nos supostos recollidos nos números 2, 3, 4 e 5 o permiso poderá ampliarse un día máis en cada un dos desprazamentos (ida e volta) cando se necesite facer un desprazamento de máis de douscentos quilómetros.

Capítulo VII

Remuneracións

Artigo 25º.-Características da retribución.

1. O réxime económico que se establece para a empresa e o seu persoal será exclusivamente o que se pacte neste convenio.

2. Os salarios de referencia en cómputo anual e agrupados nos distintos niveis profesionais son os establecidos no anexo I deste convenio. Estes salarios corresponden á xornada legal máxima establecida no artigo 21.1º.

Artigo 26º.-Distribución do salario anual e pagas extraordinarias

Os importes anuais recollidos nas táboas salariais distribuiranse en doce mensualidades máis dúas pagas extraordinarias do importe total da mensualidade, nos meses de xullo e decembro. As pagas extraordinarias faranse efectivas: a de xullo, antes do día 30 de xuño, e a de decembro, antes do día 20 de decembro.

Artigo 27º.-Remuneración segundo os tipos de xornada.

A retribución dos distintos tipos de xornada será a seguinte:

1. Xornada operativa: retribúese na contía e segundo o establecido no artigo 25º.

2. Xornada extraordinaria: o valor da hora extraordinaria consistirá no valor da hora ordinaria do nivel correpondente incrementado nun 50%, podendo ser compensable con tempo de descanso.

O valor da hora ordinaria é o que resulte de dividi-lo salario total do nivel en que estea clasificado cada traballor polo número de horas de xornada máxima de traballo establecida.

Artigo 28º.-Pagamento de nómina e anticipos.

Como norma xeral, o pagamento de salarios efectuarase mensualmente. O traballador terá dereito a percibir anticipos a conta da paga extraordinaria devengada sen excede-lo seu importe líquido.

Artigo 29º.-Revisión salarial.

A partir do 1 de xaneiro de 2004, efectuarase cada ano unha revisión salarial que se aplicará ás táboas que figuran como anexo I, na mesma porcentaxe que se incremente o índice de prezos ó consumo (IPC) nos doce meses inmediatamente anteriores.

Artigo 30º.-Prestacións por enfermidade e accidente de traballo.

1. Nos supostos de baixa por incapacidade temporal (IT) derivada de accidente de traballo, enfermidade profesional e maternidade, a empresa aboará ó seu cargo, durante o tempo que dure esta situación, un complemento das prestacións da Seguridade Social de tal forma que entre ambos se cubra o 100% da retribución de tódolos conceptos salariais do anexo I.

2. Nos supostos de baixa por IT derivada de accidente non laboral e enfermidade común a empresa

aboará ó seu cargo, durante o tempo que dure esta situación, un complemento das prestacións da Seguridade Social de tal forma que entre ambos se cubran as porcentaxes seguintes, sobre a retribución de tódolos conceptos salariais do anexo I:

-1º e 2º día, sen complemento.

* 3º ó 14º día, 85%.

* 15º día en diante, 95%.

3. En caso de IT derivada de accidente non laboral e enfermidade común con hospitalización, mentres dure tal circunstancia, complementarase a prestación legal ata un 95% da retribución de tódolos conceptos salariais do anexo I.

4. O empresario poderá verifica-lo estado de enfermidade ou accidente do traballador que sexa alegado por este para xustifica-las súas faltas de asistencia ó traballo, mediante recoñecemento por parte do persoal médico. A negativa do traballador ós ditos recoñecementos poderá determina-la suspensión dos dereitos económicos que puidesen existir a cargo do empresario polas ditas situacións.

Artigo 31º.-Seguro complementario de accidentes de traballo.

1. A empresa concertará unha póliza de seguro para garantir a partir do momento de alta na empresa, a percepción dunha indemnización en caso de morte, incapacidade permanente total para a profesión habitual, incapacidade permanente absoluta ou grande invalidez, derivada de accidente de traballo ou enfermidade profesional, que será de 30.000 euros.

2. A indemnización convida no primeiro parágrafo, terá en todo caso a consideración de percepción a conta de calquera cantidade que puidese ser recoñecida ó traballador como consecuencia de responsabilidades económicas que se imputen á empresa por accidente, sendo por tanto deducible daquelas.

Artigo 32º.-Complementos salariais.

1. Por nocturnidade.

Aboaráselle ó persoal que traballe entre as 22 e as 6 horas, por día efectivamente traballado nesa franxa horaria, na contía valor/ hora que se especifica no anexo I.

2. Por traballo a quendas

Aboaráselle ó persoal que pola natureza da súa actividade esta se desenvolva ou poida desenvolverse a quendas, compensando así a incomodidade derivada de tal tipo de traballo e os condicionantes de axustes horarios a que se alude no artigo 22º.3 deste convenio. A súa contía é a especificada no anexo I.

Capítulo VIII

Compensacións diñeirarias non salariais

Artigo 33º.-Compensacións diñeirarias motivadas por quebrantos, gastos e suplidos soportados polo traballador.

a) Quebranto de moeda, reconto e actividades previas e posteriores á xornada de traballo.

Ó persoal de explotación que opere nas cabinas de peaxe, con obxecto de compensa-las diferencias diñeirarias debidas a posibles erros nas liquidacións, así como o tempo necesario para prepararse ata acudir ó lugar de traballo e para efectua-las liquidacións e ordenación de documentos, que en ningún caso constitúe tempo de traballo nin pode efectuarse no posto de traballo, aboarase unha compensación coa contía que será especificada no anexo I.

A percepción das cantidades a que se alude neste punto implica que a empresa detraerá das retribucións mensuais o importe das diferencias monetarias que se produzan, unha vez comprobadas as circunstancias que xeraron tales diferencias.

b) Axudas de custos e desprazamentos.

As axudas de custo son percepcións económicas extrasalariais de carácter irregular e teñen como finalidade compensa-los gastos realizados como consecuencia do desprazamento do traballador por necesidades de traballo.

O importe das axudas de custo e quilometraxes, por regra xeral, serán as que estean establecidas na normativa fiscal como exentas de retención. O empresario poderá optar por efectua-lo transporte por medios propios e facerse cargo dos gastos de aloxamento e manutención, neste suposto non se devengarán axudas de custo nin quilometraxe.

A mobilidade xeográfica dos traballadores terá as limitacións e rexerase polo que establecen as normas contidas no texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

c) Dispoñibilidade e uso de vehículo propio.

Co fin de compensar e indemniza-la utilización do vehículo particular, cando por necesidades do servicio o traballador utilice o seu vehículo para trasladarse entre as distintas zonas onde deba prestar servicio, aboaráselle unha compensación na contía establecida no anexo I.

d) Transporte.

Este complemento será percibido en tódolos casos en que a empresa non transporte ós traballadores desde os seus domicilios ou lugares inmediatos ós seus respectivos centros de traballo. Aboarase para os grupos profesionais segundo as asignacións funcionais que se recollen no anexo I e polos importes fixados no dito anexo.

Capítulo IX

Formación e outras disposicións

Artigo 34º.-Formación.

1. O traballador terá dereito ó desfrute dos permisos necesarios para concorrer a exames así como a unha preferencia para elixir quenda de traballo, se tal é o réxime instaurado na empresa, cando curse con regularidade estudios para a obtención dun título académico ou profesional oficial sempre e cando non prexudique as quendas do resto do persoal.

2. En tódolos casos recollidos no precedente punto, a dirección da empresa poderá esixi-la presentación

de certificados do centro de ensino que acrediten a asistencia do interesado. A falta desta asistencia con carácter reiterado suporá a supresión dos beneficios que neste artigo se establecen.

3. A empresa dará coñecemento anualmente á representación legal dos traballadores dos custos aplicados á formación durante o exercicio económico.

4. Tódolos traballadores terán acceso ós cursos de formación na medida que reúnan os requisitos esixidos na correspondente convocatoria.

Artigo 35º.-Roupa de traballo.

1. A empresa entregará ós traballadores incluídos nas asignacións funcionais responsable de servicio e cobrador de peaxe a roupa de traballo que se define no anexo III na cantidade e coa periodicidade previstas nel.

2. A empresa determinará as características da roupa traballo, así como a forma que terán os distintivos de control do persoal.

3. Os traballadores estarán obrigados ó coidado e limpeza da roupa de traballo e a utilizalas na empresa non ocupando o posto de traballo sen elas.

Artigo 36º.-Muller embarazada.

Naqueles casos en que por prescrición facultativa e por realizar traballos que poidan supoñer perigo pola interrupción do embarazo, ou para a nai e o feto (traballos con productos ou ambientes tóxicos, penosos ou perigosos), que loxicamente se resolverán a partir da dita prescrición facultativa, a empresa asignará, sempre que sexa posible, á muller embarazada, os postos de traballo de menos esforzo e perigo, garantíndolle-lo posto habitual, unha vez que se produza o parto.

Capítulo X

Dereitos sindicais

Artigo 37º.-Dereitos de reunión e libre sindicación.

Aplicarase o disposto na lei, e en especial no Estatuto dos traballadores, artigo 64. Competencias e artigo 68. Garantías e na Lei orgánica de liberdade sindical (LOLS).

1. A empresa, dentro sempre das normas establecidas pola lexislación vixente en cada momento, facilitará ós seus traballadores o exercicio do dereito de reunión nos seus locais, se as condicións destes o permiten, fóra das horas de traballo e sen perturba-la actividade normal da empresa.

2. A empresa respectará o dereito de tódolos traballadores a sindicarse libremente e non poderá suxeita-lo emprego dun traballador á condición de que non se afilie ou renuncie á súa afiliación sindical, e tampouco despedir a un traballador ou prexudicalo de calquera outra forma a causa da súa afiliación ou actividade sindical.

Artigo 38º.-Dereitos e obrigas do comité de empresa ou delegados de persoal.

1. Nesta materia, as partes sométense expresamente ás normas contidas na Lei orgánica de liberdade sindical.

2. A requirimento dos traballadores afiliados ós sindicatos, a empresa descontará na súa nómina mensual o importe da cota sindical correspondente. O traballador interesado na realización de tal operación remitirá á dirección da empresa un escrito no que se expresará con claridade a orde de desconto, a contía da cota, así como o número da conta bancaria á que debe ser transferida a correspondente cantidade. A empresa efectuará as anteditas detraccións, salvo indicación en contrario, durante períodos dun ano. A dirección da empresa entregará copia da transferencia á representación sindical na empresa.

Artigo 39º.-Comités de empresa. Delegados de prevención.

Ademais das competencias que se establecen no artigo 64 do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores e sempre coa observancia do sixilo profesional previsto no seu artigo 65, os comités de empresa terán as seguintes:

1. Ser informados trimestralmente sobre a evolución dos negocios da empresa.

2. Anualmente, ter ó seu dispor o balance, a conta de resultados e a memoria da entidade.

3. Con carácter previo á súa execución polo empresario, ser informado dos cerramentos totais ou parciais da empresa ou centro de traballo.

4. Ser informado do movemento de ingresos e cesamentos, así como sobre os ascensos.

5. Exercer un labor de vixilancia sobre a calidade da docencia e a súa efectividade. Colaborar coa dirección da empresa para consegui-lo cumprimento de cantas medidas procuren o mantemento e o incremento da productividade da empresa.

6. Nos procesos de selección de persoal, velará non só polo cumprimento da normativa vixente senón tamén pola observancia dos principios de non discriminación, igualdade de sexo e fomento dunha política racional de emprego.

Artigo 40º.-Garantías dos representantes dos traballadores.

Os membros do comité de empresa e os delegados de persoal terán as garantías que se establecen no artigo 68 do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores. Adicionalmente, sen excede-lo máximo legal, poderán ser consumidas as horas retribuídas de que dispoñen os membros de comités de empresa ou delegados de persoal, co fin de preve-la asistencia destes a cursos de formación organizados polos seus sindicatos, institutos de formación ou outras entidades.

Artigo 41º.-Prácticas antisindicais.

En canto ós supostos de prácticas que a xuízo dalgunha das partes, cualificaranse de antisindicais, aplicarase o disposto nas leis.

Capítulo XI

Réxime disciplinario

Artigo 42º.-Clasificación das faltas

As faltas cometidas polos traballadores serán sancionadas e clasificaranse atendendo á súa importancia, reincidencia e intención en leves, graves ou moi graves de conformidade con este artigo e nas normas vixentes no ordenamento xurídico laboral no que resulte de pertinente aplicación.

-Faltas leves.

Terán a consideración de faltas leves:

1. Tres faltas de puntualidade durante un mes sen que exista causa xustificada.

2. A non comunicación, coa antelación debida, da súa falta ó traballo por causa xustificada, a non ser que probe a imposibilidade de facelo.

3. Falta de aseo e limpeza persoal.

4. Falta de atención e dilixencia cos clientes.

5. Discusións que repercutan na boa marcha dos servicios.

6. Faltar ó traballo un día ó mes sen causa xustificada.

7. A embriaguez ocasional.

-Faltas graves.

Terán a consideración de faltas graves:

1. Faltar dous días ó mes ó traballo sen xustificación.

2. A simulación de enfermidade ou accidente.

3. Simula-la presencia doutro traballador, valéndose da súa ficha, sinatura, tarxeta ou medio de control.

4. Cambiar, mirar ou revolve-los armarios e roupas dos compañeiros sen a debida autorización.

5. As cometidas contra a disciplina no traballo ou contra o respecto debido a sus superiores.

6. A reincidencia nas faltas leves, salvo as de puntualidade, aínda que sexan de distinta natureza, dentro dun trimestre, cando mediasen sancións.

7. O abandono do traballo sen causa xustificada.

8. A neglixencia no traballo cando cause prexuízo grave.

-Faltas moi graves.

Terán a consideración de faltas moi graves:

1. Faltar ó traballo máis de dous días ó mes sen causa xustificada.

2. A fraude, a deslealdade e abuso de confianza nas xestións encomendadas.

3. O furto e o roubo tanto ós demais traballadores como á empresa ou a calquera persoa dentro dos locais da empresa ou fóra dela, durante acto de servicio. Quedan incluídos neste inciso, falsear datos ante a representación legal dos traballadores, se tales falsidades teñen como finalidade maliciosa conseguir algún beneficio.

4. A simulación comprobada de enfermidade.

5. Inutilizar, destrozar ou causar desperfectos en máquinas, aparellos, instalacións, edificios, enxoval e departamentos da empresa.

6. Ter recaído sobre o traballador sentencia dos tribunais de xustiza competentes por delictos de roubo, furto, estafa e malversación, cometidos fóra da empresa, que poida motivar desconfianza cara ó seu autor.

7. A continua e habitual falta de aseo e limpeza persoal, que produza queixas xustificadas dos compañeiros.

8. La embriaguez durante o traballo.

9. Dedicarse a traballos da mesma actividade que impliquen competencia á empresa, se non media autorización desta.

10. Os malos tratos de palabra ou obra ou falta grave de respecto e consideración ós xefes, compañeiros ou subordinados.

11. Abandono do traballo en postos de responsabilidade.

12. A reincidencia en falta grave, aínda que sexa de distinta natureza, dentro do mesmo trimestre, sempre que fosen obxecto de sanción.

Artigo 43º.-Sancións.

As sancións que procederán en cada caso segundo as faltas cometidas, serán as seguintes:

1. Faltas leves:

-Amoestación verbal.

-Amoestación por escrito.

-Suspensión de emprego e soldo por un día.

2. Faltas graves:

-Suspensión de emprego e soldo por un máximo de dez días.

3. Faltas moi graves:

-Suspensión de emprego e soldo por tempo non inferior a dez días nin superior a dous meses.

-Despedimento.

As sancións por faltas leves, graves ou moi graves comunicaranse ó traballador por escrito.

Para a aplicación das sancións que anteceden terase en conta o maior ou menor grao de responsabilidade do que cometa a falta, categoría profesional deste e repercusión do feito nos demais traballadores e na empresa.

A facultade de impo-las sancións correspóndelle á dirección da empresa, que porá en coñecemento

dos representantes legais dos traballadores as que se refiran a faltas graves ou moi graves.

Será necesaria a instrucción de expediente na imposición de sancións ós traballadores que teñan cargos electivos sindicais, e naqueles outros casos establecidos na lexislación en vigor ou que o decida a empresa.

Capítulo XII

Comisión paritaria

Artigo 44º.-Comisión paritaria.

Constitúese unha comisión paritaria como órgano de conciliación e interpretación do pactado no convenio, formada por tres representantes do persoal, preferentemente que intervisen por parte dos traballadores na negociación do convenio e, por tres representantes empresariais, preferentemente intervenientes na negociación do convenio.

O domicilio da comisión paritaria será o das oficinas centrais da empresa.

Os acordos da comisión requirirán para a súa validez a conformidade da maioría simple de membros de cada unha das representacións.

As funcións da comisión paritaria serán as seguintes:

A) Interpretación da aplicación de tódalas cláusulas do convenio.

B) Mediación e conciliación en tódalas cuestións que as partes sometan á súa consideración e que se deriven da aplicación do convenio.

C) Vixilancia do cumprimento do pactado no convenio.

En caso de que a comisión paritaria non poida chegar a acordos nos asuntos que lles sexan sometidos, calquera das partes, con carácter previo á vía xudicial, pode acudir ós mecanismos de composición establecidos no Acordo galego de solución extraxudicial de conflictos.

Regulamento de funcionamento.

1. Reunións. A comisión paritaria reunirase:

Para o exercicio das funcións sinaladas no acordo precedente, alíneas a) e b) cando lle sexa requirida a súa intervención.

2. Convocatoria. A comisión paritaria será convocada por calquera das partes asinantes, abondando para iso unha comunicación escrita na que se expresarán os puntos que se tratarán na orde do día, así como a data proposta.

A comisión paritaria reunirase dentro do termo que as circunstancias aconsellen en función da importancia do asunto, pero en ningún caso excederá de trinta días contados a partir do requirimento. Se cumprido este termo a comisión paritaria non se reunise, entenderase esgotada a intervención da dita comisión paritaria, podendo o interesado exerce-las accións que considere pertinentes.

3. Quórum. Considerarase validamente constituída a comisión paritaria cando asista a maioría simple de cada representación.

4. Validez dos acordos. Os acordos da comisión requirirán, en calquera caso, o voto favorable da maioría de cada representación asistente.

De cada reunión levantarase acta, que será asinada por quen faga de secretario e un representante de cada parte.

Obrigatoriedade de sometemento á comisión paritaria. As partes obríganse a someter á comisión paritaria tódalas cuestións de interese xeral que se susciten con carácter previo á vía xudicial ou administrativa, sen prexuízo do exercicio posterior dos dereitos individuais ou colectivos.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Dereito complementario e supletorio, prelación de normas.

1. En todas aquelas materias non reguladas neste convenio, aplicarase o disposto no texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e o previsto nas disposicións de carácter xeral que sexan de aplicación.

2. Os pactos contidos neste convenio sobre as materias nel reguladas serán de preferente aplicación sobre calquera outra disposición legal de carácter xeral que viñesen rexendo na materia.

3. Facendo uso das facultades atribuídas polo artigo 83.2º do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores ás partes asinantes deste convenio, establécese a súa complementariedade respecto do acordo sobre cobertura de baleiros do 28 de abril de 1997 ou a norma ou acordo que o veña substituír.

Segunda.-Eficacia e concorrencia. Adhesión.

Este convenio colectivo afecta durante o tempo da súa vixencia á totalidade da empresa e traballadores comprendidos dentro do seu ámbito de aplicación, segundo determina o artigo 82.3º do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e non poderá ser afectado en tanto estea en vigor polo disposto en convenios de ámbito distinto.

ANEXO I

Categorías

Soldo base

Complemento de quendasComplemento de transporteComplemento de vehículoQuebranto de moeda

Total

* Grupo primeiro (persoal titulado)

Persoal titulado superior13.111 A1.099 A14.210 A

Persoal titulado medio12.781 A1.099 A13.880 A

Categorías

Soldo base

Complemento de quendasComplemento de transporteComplemento de vehículoQuebranto de moeda

Total

* Grupo segundo (persoal administrativo)

Responsable de sección12.450 A1.099 A13.549 A

Administrativo10.848 A1.099 A11.947 A

* Grupo terceiro (explotación e mantemento)

Coordinador11.250 A1.200 A1.099 A13.549 A

Xefe de peaxe9.821 A1.200 A1.099 A1.099 A13.219 A

Responsable de servicio8.758 A1.200 A1.099 A71 A1.099 A12.227 A

Cobrador de peaxe7.879 A1.200 A1.099 A71 A1.099 A11.348 A

Encargado12.450 A1.099 A13.549 A

Operario10.250 A1.099 A11.349 A

Complemento de nocturnidade

Cómputo de horas traballadasImporte mensual

De 0 a 10 horas6 A

De 11 a 20 horas16 A

De 21 a 30 horas26 A

De 31 a 40 horas36 A

De 41 a 50 horas46 A

Máis de 50 horas56 A

ANEXO II

* Grupo primeiro: persoal titulado.-Asignacións funcionais:

Persoal titulado grao superior.

Persoal titulado grao medio.

* Grupo segundo: persoal administrativo.-Asignacións funcionais:

Xefe de sección.

Administrativo.

* Grupo terceiro: explotación e mantemento.-Asignacións funcionais:

Coordinador.

Xefe de peaxe.

Responsable de servicio.

Cobrador de peaxe.

Encargado.

Operario.

ANEXO III

Categorías reposiciónClase de roupaCantidade

Cobradores peaxePantalón4 cada 2 anos

Responsable de servicioXersei verán1 cada 2 anos
Xersei inverno1 cada 2 anos
Anorak1 cada 4 anos
Camisa4 cada ano
Corbata/pano1 cada ano
Emblemassegundo necesidade