Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Martes, 18 de marzo de 2003 Páx. 3.273

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

DECRETO 185/2003, do 6 de marzo, polo que se acepta a título gratuíto a doazón de diverso material con destino ó Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña.

As empresas Clinica y Control, S.A. e Agfa Gevaert, S.A. ofrecen a doazón ó Servicio Galego de Saúde de diverso material con destino ó Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña.

Conforme o artigo 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da comunidade autónoma, requírese decreto do Consello da Xunta de Galicia para a adquisición de bens a título gratuíto.

En cumprimento do disposto na Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da comunidade autónoma, de conformidade coa proposta do conselleiro de Sanidade e presidente do Servicio Galego de Saúde e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día seis de marzo de dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo primeiro.-Acepta-la doazón do seguinte material:

-1 Resectoscopio, marca Comeq, modelo flujo continuo, cun valor de 4.057 euros, doado pola empresa Clinica y Control, S.A.

-1 Impresora, marca Agfa, modelo D-3000, cun valor de 31.252 euros, doado pola empresa Agfa Gevaert, S.A.

Artigo segundo.-Os activos acéptanse segundo o establecido na normativa en materia patrimonial da comunidade autónoma e destinaranse ó Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña de acordo coa vontade dos doantes.

Disposición derradeira

O Servicio Galego de Saúde, a través do seu órgano competente, levará a cabo os trámites necesarios para a efectividade de canto se dispón neste decreto.

Santiago de Compostela, seis de marzo de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade