Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Martes, 18 de marzo de 2003 Páx. 3.282

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2003 pola que se fan públicos algúns dos acordos da comisión encargada da selección dos participantes nos cursos XXXV e XXXVI para obtención do diploma de directivo.

Á vista do acordado na reunión do día 11 de marzo de 2003 pola comisión encargada da selección dos participantes nos cursos XXXV e XXXVI para a obtención do diploma de directivo, convocados por Resolución do 29 de novembro de 2002 (DOG nº 236, do 9 de decembro),

RESOLVO:

1. Anuncia-la publicación da relación provisional de excluídos da participación nos cursos XXXV e XXXVI para a obtención do diploma de directivo.

2. Anuncia-la publicación da relación de admitidos para participar no proceso selectivo dos XXXV e XXXVI cursos para a obtención do diploma de directivo, coas puntuacións correspondentes conforme o baremo aplicable.

3. As devanditas relacións estarán expostas no taboleiro de anuncios da EGAP. Tamén serán remitidas ó Centro de Información Administrativa e Atención ó Cidadán e ás delegacións provinciais da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

4. Fixar un prazo de cinco días para que os interesados poidan aduci-las alegacións que coiden oportunas.

5. Anunciar que a lista definitiva de participantes se publicará só no taboleiro de anuncios da EGAP.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2003.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA