Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Luns, 17 de marzo de 2003 Páx. 3.219

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (309/2002).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 309/2002 por instancia de María del Carmen Otero e outras contra Telsat, Telecomunicaciones Servicios Avanzados Telefonía, S.L. e outras sobre salarios nos que recaeu sentencia, con data do 24-1-2003, que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Decido que estimando a demanda promovida por María del Carmen Leardi Otero, Ángeles García Díaz, María Isabel Martínez Ozón, Verónica Fariña López, María del Carmen Vilares Dopico, María Teresa Martínez Lema, María Concepción Méndez García, Anush Karamyan, María del Pilar Muñiz Benito, Silvia María García Iglesias e Paola Díez Salvador contra Telsat, Telecomunicaciones Servicios Avanzados Telefonía, S.L., Insistel, Ingeniería de Sistemas y Telecomunicaciones Hispania, 2000, S.L. e Astursat, Astur Servicios Auxiliares de Telefonía Móvil, S.L. debo condenar e condeno as demandadas a que aboen ós demandantes as seguintes cantidades: a Mª del Carmen Leardi, 5.921,82 euros; a Ángeles

García, 3.774,12 euros; a Mª Isabel Martínez, 5.400,24 euros; a Verónica Fariña, 5.400,24 euros; a Mª del Carmen Villares, 4.847,97 euros; a Mª Teresa Martínez, 3.774,12 euros; a Mª Concepción Méndez, 5.921,82 euros; a Anush Karamyan, 12.153,24 euros; a Mª del Pilar Muñiz, 5.921,82 euros; a Silvia María García, 5.921,82 euros y a Paola Díez, 5.645,91 euros, por tódolos conceptos reclamados en demanda.

Así, por esta miña sentencia, contra a que poderá recorrerse en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de presentalo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que ó tempo de anuncialo o recorrente, se é empresario, exhiba diante deste xulgado do social o xustificante acreditativo de ter depositada na conta deste xulgado aberta en Grupo Banesto (Banco Español de Crédito, S.A. y Banco de Vitoria, S.A.), co número 5605 0000 60 0309 02, a cantidade obxecto de condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, requisito este sen o cal non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Debendo consignar ademais a cantidade de 150,25 euros na mesma conta 5605 0000 65 0309 02 entregándose o xustificante

na secretaría, ó tempo de interpoñe-lo recurso, declarándose este desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada, definitivamente xulgando, en primeira instancia, o pronuncio, o mando e o asino.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación á empresa Telsat, Telecomunicaciones Servicios Avanzados Telefonía, S.L., Insistel, Ingeniería de Sistemas y Telecomunicaciones Hispania 2000, S.L. y Astursat, Astur Servicios Auxiliares de Telefonía Móvil, S.L., expido y asino esta cédula na Coruña a 24 de xaneiro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado