Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Luns, 17 de marzo de 2003 Páx. 3.218

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (761/2001).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 761/2001 por instancia de Emilio Díaz Iglesias contra INSS e outras sobre prestacións, nos que recaeu sentencia, con

data do 22 de xaneiro de 2003 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Que estimando en parte a demanda formulada por Emilio Díaz Iglesias, declaro que a porcentaxe do rateo a cargo de España da súa pensión de invalidez ascende ó 115%, condenando o Instituto Nacional da Seguridade Social ó seu recoñecemento e aboamento desde a data de efectos da prestación recoñecida, absolvendo da demanda o resto das demandadas, Rede Nacional de Ferrocarrís España, Antracitas de Asturias, Manuel Martínez Barbeito, Dragados y Construcciones, S.A. e Juan Pedreira Fariña.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este xulgado do social, no prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ó da súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, do que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Manuel Martínez Barbeito e Juan Pedreira Fariña, expido e asino a presente cédula na Coruña, 28 de xaneiro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado