Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Luns, 17 de marzo de 2003 Páx. 3.218

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (354/2002).

Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e

testemuño nos autos seguidos perante este xulgado do social tramitados baixo o número 354/2002, contra a empresa Instalaciones Eléctricas Carlos Núñez, S.L. sobre salarios, dictouse a seguinte sentencia:

Sentencia. A Coruña, 15 de xaneiro de 2003.

Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo 354/2002, seguidos por instancia de José David Casal López, maior de idade, asistido polo letrado Pedro Pedreira Candal, contra a empresa Instalaciones Eléctricas Carlos Núñez, S.L., sendo o obxecto da reclamación, salarios.

Seguen feitos e fundamentos xurídicos.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por José David Casal López contra a empresa Instalaciones Eléctricas Carlos Núñez, S.L., condenando a demandada a aboarlle ó actor a cantidade de 4.275,57 euros polos conceptos reclamados na demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes ás que se fará saber que, contra a referida só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentencia, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ó anuncialo, entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade de 150,25 euros na conta de Depósitos e Consignacións que este xulgado ten aberta no banco Banesto desta cidade co número de conta 0030-6349-0000-5603, clave 65, facendo constar no ingreso o número do expediente.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para lle sirva de notificación á empresa Instalaciones Eléctricas Carlos Núñez, S.L. mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG), que ten o seu enderezo descoñecido, expido e asino a presente cédula na Coruña, 27 de xaneiro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado