Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Luns, 17 de marzo de 2003 Páx. 3.218

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (394/2002).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos número 394/2002, seguidos por instancia de Iván Rodríguez López e outros contra Aplicaciones Tecnológicas de Telecomunicaciones, S.L. sobre reclamación de cantidades, a maxistrada-xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, dictou sentencia, con data do 11 de outubro de 2002, coa seguinte parte dispositiva:

Que estimando a demanda presentada por Iván Rodríguez López, Eladio Rodríguez Corral e José Corral Corral, debo declarar e declaro o dereito dos demandantes a percibi-las cantidades reclamadas nos autos polos conceptos que se expresan no feito probado segundo desta resolución e nese sentido debo condenar e condeno a empresa Aplicaciones Tecnológicas de Telecomunicaciones, S.L. a que, estando e pasando por tal declaración aboe ós demandantes as cantidades de 124.403 pesetas (747,68 euros) a Iván Rodríguez López; a cantidade de 168.412 pesetas (1.012,18 euros) a Eladio Rodríguez Corral e a cantidade de 144.597 pesetas (869,05 euros) a José Corral Corral en concepto de salarios e liquidación.

E debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta sentencia ás partes, facéndolles saber que en contra dela non pode interpor recurso de suplicación.

E para que lle sirva de notificación a Aplicaciones Tecnológicas de Telecomunicaciones, S.L. que tivo o seu último enderezo coñecido na avda. Calvo Sotelo, 21-2º dta., A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 27 de xaneiro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado