Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Luns, 17 de marzo de 2003 Páx. 3.219

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (656/2002).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 656/2002 por instancia de Marta María Vázquez Gómez e outras contra Maning Atlántica de Inversiones, S.L. sobre despedimento nos que recaeu sentencia, con data do 29-1-2003 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Decido, que estimando a demanda promovida por Marta María Vázquez Gómez, Morgane Marie Madeleine Kervern e Marion Baake, contra a empresa

Maning Atlántica de Inversiones, S.L. debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado ás demandantes en 1-8-2002 e así mesmo extinguida a relación laboral o día de hoxe, condenando a demandada a que no prazo de cinco días contados desde a notificación desta resolución, aboe ós demandantes en concepto de indemnización as seguintes cantidades: 801,09 euros a Marta María Vázquez e 1.882,37 euros a Morgane Marie Madeleine Kervern e a Marion Baake. Así, por esta miña sentencia, contra a que poderá recorrerse en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados desde o seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de presentalo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que, ó tempo de anuncialo o recorrente, se é empresario, exhiba diante deste xulgado do social o xustificante acreditativo de ter depositado na conta deste xulgado aberta en Grupo Banesto Banco Español de Crédito, S.A. e

Banco de Vitoria, S.A.), co número 5605 0000 60 0656 02, a cantidade obxecto de condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, requisito este sen o cal non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Debendo consignar ademais a cantidade de 15,25 euros na mesma conta 5605 0000 56 0656 02 entregándose o xustificante na secretaría, ó tempo de interpoñe-lo recurso declarándose o mesmo desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada, definitivamente xulgando en primeira instancia, o pronuncio, mando e asino.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación á empresa Maning Atlántica de Inversiones, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña o 29 de xaneiro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado