Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Venres, 14 de marzo de 2003 Páx. 3.123

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (458/2002).

Eu, Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos número 458/2002, seguidos por instancia de Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades de la Seguridad Social Fremap, contra José Fernando Soto Loureiro e outros, sobre declaración de responsabilidade no aboamento de prestacións e reintegro delas, a maxistrada-xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, dictou sentencia, con data do 28 de xaneiro de 2003, coa seguinte parte dispositiva:

«Que, estimando as pretensións da demanda presentada pola Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social Fremap, declaro a responsabilidade directa e principal da empresa demandada, Carrocerías Armando Lorenzo, S.L. no aboamento de todas e cada unha das prestacións a que ten dereito José Fernando Soto Loureiro como consecuencia do accidente de traballo sufrido o 20-11-2000, así como a subsidiaria do INSS e a TXSS para o suposto de insolvencia da citada empresa, acordándose, en consecuencia, o reintegro á demandante da cantidade de 6.427,04 euros a que ascende o importe de prestacións de asistencia sanitaria e incapacidade temporal, condenando a empresa Carrocerías Armando Lorenzo, S.L. a lle aboar á Mutua Fremap a cantidade de 6.427,04 euros sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria do INSS e a TXSS como representantes do extinto Fondo de Garantía de Accidente de Traballo e Servicio de Reaseguro respectivamente.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, ás que se fará saber que en contra da dita resolución, cabe o recurso de suplicación, que se deberá anunciar perante este xulgado no prazo de cinco días contados desde a notificación desta sentencia, por comparecencia ou por escrito das partes, ó seu avogado ou representante legal, designando o letrado que deberá presentalo, se é posible o anuncio, por manifestación daquela ó ser notificada, e que será resolto, se é o caso, cumpridos os trámites legais, pola Sala

do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá, así mesmo, acreditar, ó anuncia-lo recurso, ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado, aberta no BBV, conta nº 5602-60, e que se pode substituír polo aseguramento mediante aval bancario, constando a responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na mesma conta e en calidade de depósito nun impreso separado ó do importe da condena.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Carrocerías Armando Lorenzo, S.L., que tivo o seu último enderezo coñecido na nacional km 598, 15630 Miño (A Coruña), e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 28 de xaneiro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado