Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Venres, 14 de marzo de 2003 Páx. 3.122

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

EDICTO (22/2002).

José Manuel Silvosa Tallón, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Arzúa, fago saber que no proceso de execución seguido no dito xulgado co nº 22/2002, por instancia de Pantaleón Gazapo Sánchez, representado pola

procuradora señora Pernas Grobas, contra Julio Romero Moreno e María Luisa Montoya Gabarre sobre execución xudicial hipotecaria acordouse sacar a pública poxa, por un prazo de vinte días, os bens que, co seu prezo de taxación se enumeran a continuación:

Bens que se sacan a poxa e a súa valoración.

Casa. Destinada a vivenda unifamiliar, sita en Ribadiso, parroquia de Rendal, municipio de Arzúa, composta de soto, planta baixa destinada a garaxe e piso, destinado a vivenda, de noventa metros cadrados por planta. Situad no sector central do predio no que está situado, excepto polo leste, que linda con Jesusa González García. Ten anexo o resto do terreo non edificado de oito áreas. Linda: norte ou espalda, Jesús Vázquez; sur ou fronte, estrada de Lugo a Santiago de Compostela; leste ou esquerda entrando, Jesusa González García; e oeste ou dereita entrando, fai vértice.

Valor para efectos de poxa: 110.886,73 euros.

A poxa terá lugar na sede deste xulgado O Cruceiro-Santa María, o día vinteoito de abril de dous mil tres, ás once horas.

Condicións de poxa:

1. Os licitadores deberán cumpri-los seguintes requisitos:

1º Identificarse de forma suficiente.

2º Declarar que coñecen as condicións xerais e particulares da poxa.

3º Presentar xustificante de que depositaron na conta de depósitos e consignacións deste xulgado no BBVA nº 1510 0000 05 22/2002 ou de que prestaron aval bancario polo 30 por 100 do valor de taxación dos bens. Cando o licitador realice o depósito coas cantidades recibidas en todo ou en parte dun terceiro, farase constar así no xustificante para os efectos do disposto no punto 2º do artigo 652 da Lei 1/2000, de axuizamento civil.

4º Só o executante poderá facer oferta reservando para si a facultade de cede-lo remate a un terceiro.

5º Desde o anuncio da poxa ata a súa celebración poderán facerse ofertas por escrito en sobre pechado e coas condicións expresadas anteriormente.

6º Cando a mellor oferta sexa igual ou superior ó 70 por 100 do avalúo, aprobarase o remate a favor do mellor postor. Se fose inferior, haberá que aterse ó previsto no artigo 670 da Lei 1/2000, de axuizamento civil.

7º Que a certificación rexistral e a titulación sobre o inmoble que se poxa, está de manifesto na secretaría deste xulgado entendéndose polo mero feito de participar na poxa que todo licitador acepta como bastante a titulación existente, así como que as cargas ou gravames anteriores, se ou houber, ó crédito do demandante, continuarán subsistentes e que o licitador os admite e acepta quedar subrogado na responsabilidade derivada daqueles.

Non consta no proceso se o inmoble que se poxa se encontra ou non ocupado por persoas distintas.

8º Se por forza maior, causas alleas ó xulgado ou por erro se sinalara un domingo ou día festivo e non puidera celebrarse a poxa no día e hora sinalados, entenderanse que se celebrará ó día seguinte hábil, á mesma hora, exceptuando os sábados.

En Arzúa, vintenove de novembro de dous mil dous.

O secretario xudicial

Rubricado