Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Venres, 14 de marzo de 2003 Páx. 3.122

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2003 pola que se corrixen erros advertidos na do 23 de xaneiro de 2003 (Diario Oficial de Galicia do 27 de febreiro), pola que se convocan probas selectivas para a provisión de 11 prazas de conserxe (grupo IV-A) vacantes no cadro de persoal laboral desta universidade.

Advertidos erros na Resolución de 23 de xaneiro de 2003, pola que se convocan probas selectivas para a provisión de 11 prazas de conserxe (grupo IV-A) vacantes no cadro de persoal laboral desta universidade (DOG nº 41, do 27 de febreiro), este rectorado, ó abeiro do previsto no artigo 105.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, procede á súa rectificación nos seguintes termos:

-Na base 1.2:

Onde di: «33,90 euros por dereitos de inscrición», debe dicir: «22 euros por dereitos de inscrición».

-No anexo I.B. Fase de concurso, letras a) e b):

Onde di: «Curso de máis de 20 horas: 0,5 puntos por curso», debe dicir: «curso de 20 ou máis horas: 0,5 puntos por curso».

A Coruña, 2 de marzo de 2003.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE ARZÚA