Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Venres, 14 de marzo de 2003 Páx. 3.124

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (499/2002).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña,

Fago saber que nos autos número 499/2002 seguidos por instancia de María de la Iglesia López contra Speed Impresores, S.L. e outros sobre diferencias na base reguladora das prestacións de viuvez e orfandade, a maxistrada-xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, dictou sentencia, con data do 31 de xaneiro de 2003, coa seguinte parte dispositiva:

«Que, estimando integramente a demanda presentada por María de la Iglesia López, debo declarar e declaro que a base reguladora das prestacións de viuvez e orfandade recoñecidas á demandante ascende á cantidade de 933,07 euros mensuais e, consecuentemente, que se condene as demandas, nas súas responsabilidades, a aboar estas prestacións na anterior cantidade, con efectos desde o día 26-12-2001, sen prexuízo da responsabilidade da empresa Speed Impresores, S.L. no atinente á prestación polo descuberto nas cotizacións.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, ás que se lles fará saber que contra a dita resolución cabe o recurso de suplicación, que deberá anunciarse perante este xulgado no prazo de cinco días, contados desde a notificación desta sentencia, por comparecencia ou por escrito das partes, o seu avogado ou representante legal, designando o letrado que deberá presentalo de ser posible o anuncio por mera manifestación daquela ó ser notificada, e será resolto, se é o caso e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá así mesmo, acreditar, ó anuncia-lo recurso, ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado aberta no BBV, conta nº 5602-60, e que

pode substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, constando a responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na mesma conta e en calidade de depósito nun impreso separado do importe da condea.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Speed Impresores, S.L. que tivo o seu último enderezo coñecido en polígono de Pocomaco, D-2, nave 4, Mesoiro 15190 A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 31 de xaneiro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado