Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Venres, 14 de marzo de 2003 Páx. 3.041

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 5 de marzo de 2003 pola que se clasifica como mixta a Fundación María José Jove.

Visto o expediente de clasificación da Fundación María José Jove, con domicilio na Coruña.

Supostos de feito.

1. A fundación formulou solicitude de clasificación para os efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A fundación foi constituída en escritura pública outorgada na Coruña o 28 de xaneiro de 2003, ante o notario Ramón González Gómez, co número catrocentos vintesete do seu protocolo por Manuel Jove Capellán, Amparo Santos Molinos, Manuel Ángel Jove Santos, Felipa Jove Santos, Gabriel Nieto Álvarez-Uría, Salustiano Carro Páramo, Juan Pérez Rodríguez, Francisco Javier Acebo Sánchez e Federico Cañas García-Rojo, interveñen todos en nome propio.

3. Segundo establece o artigo 7 dos estatutos, a fundación ten por obxecto a defensa dos dereitos humanos e, en particular da muller e da infancia, asistencia social e integración social, con especial atención á infancia, cívicos, educativos, culturais e, en particular, a difusión das artes plásticas e da música, científicas, deportivas, sanitarias, de fortalecemento institucional, de cooperación para o desenvolvemento, de promoción da acción social,

de defensa dos animais e do medio, de desenvolvemento da sociedade da información, de investigación científica e desenvolvemento tecnolóxico e, de modo xenérico, poderá levar a cabo cantas actuacións sexan conducentes ó mellor logro dos seus fins.

4. O padroado da fundación estará integrado por Felipa Jove Santos como presidenta, Federico Cañas García-Rojo como secretario, e Manuel Jove Capellán, Amparo Santos Molinos, Manuel Jove Santos, Gabriel Nieto Álvarez-Uría, Salustiano Carro Páramo, Juan Pérez Rodríguez e Francisco Javier Acebo Sánchez como vocais.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías eleva ó conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, proposta de clasificación como mixta da Fundación María José Jove, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, véndose cumpridos os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como mixta e a súa adscrición á Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

Fundamentos de dereito.

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2º c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, corresponde a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, quen exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de secretarios xerais na súa reunión do día 3 de marzo de 2003.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Na súa virtude

DISPOÑO:

Clasificar como mixta a Fundación María José Jove adscribíndoa á Consellería da Presidencia, Rela

cións Institucionais e Administración Pública, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Esta orde entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais

e Administración Pública