Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Venres, 14 de marzo de 2003 Páx. 3.042

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2003 pola que se fai público o resultado do sorteo ó que se refire o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento do disposto na Resolución do 3 de marzo de 2003 da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública (DOG nº 47, do 7 de marzo) e do establecido no artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, o 10 de marzo na sala E da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, edificio administrativo San Caetano, en Santiago de Compostela, e baixo a presidencia da directora xeral da Función Pública, tivo lugar o sorteo ó que alude a citada resolución.

Consonte o resultado del, a orde de actuación dos aspirantes nos procesos de selección para o ingreso na Administración autonómica de Galicia que se deriven da oferta de emprego público correspondente ó ano 2003, empezará por aqueles nos que o primeiro apelido empece pola letra C.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública