Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Xoves, 13 de marzo de 2003 Páx. 2.974

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 27 de febreiro de 2003 pola que se crean determinados ficheiros automatizados de datos de carácter persoal existentes na Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

A Constitución española, no seu artigo 18.4º, dispón que a lei limitará o uso da informática para garanti-lo honor e a intimidade persoal e familiar dos cidadáns e o pleno exercicio dos seus dereitos.

A Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro (BOE nº 298, do 14 de decembro), regula o tratamento de datos de carácter persoal rexistrados en soportes físicos, así como o uso posterior destes datos polos sectores público e privado.

A finalidade desta regulación é protexe-los dereitos fundamentais das persoas físicas e especialmente o seu honor e intimidade, tanto persoal como familiar.

No seu artigo 20.1º disponse que a creación, modificación ou supresión dos ficheiros das administracións públicas só poderá facerse por medio dunha disposición xeral publicada no BOE ou diario oficial correspondente.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confire o artigo 34.6º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, modificada parcialmente pola Lei 11/1998, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

Esta orde ten por obxecto a creación dos ficheiros automatizados de datos de carácter persoal da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais que se relacionan no anexo.

Artigo 2º.-Contido.

A información esixida no artigo 20.2º da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal para as disposicións de creación de ficheiros, está contida no anexo desta orde, en cada un dos ficheiros creados.

Artigo 3º.-Finalidade e uso dos ficheiros.

Os datos de carácter persoal, rexistrados nos ficheiros automatizados da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, creados pola presente orde só serán utilizados para os fins expresamente previstos no anexo e por persoal debidamente autorizado.

Artigo 4º.-Cesión de datos.

No suposto de cesión de datos ás administracións públicas haberá que se ater ó disposto na normativa vixente.

Artigo 5º.-Medidas de seguridade.

As medidas de seguridade dos ficheiros, e en función do nivel en que estes se clasifican, están especificadas no correspondente documento de seguridade.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de febrero de 2003.

Maria José Cimadevila Cea

Conselleira de Asuntos Sociais, Emprego

e Relacións Laborais

ANEXO

1. Persoal.

a) Finalidade e usos previstos para este.

Xestión dos recursos humanos da consellería.

b) Persoas ou colectivos sobre os que se pretenda obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos.

Persoal que presta servicios nos centros dependentes da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

c) Procedemento de recollida de datos.

Declaración, formularios.

d) Estructura básica do ficheiro.

Base de datos.

e) Tipos de datos de carácter persoal incluídos.

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, NSS/mutualidade, nome e apelidos, enderezo, teléfono, número de rexistro de persoal.

Datos de características persoais: datos da familia, data de nacemento, lugar de nacemento, idade, sexo, nacionalidade.

Datos de circunstancias sociais: licencias e permisos.

Datos académicos e profesionais: formación, titulacións e experiencia profesional.

Datos de detalle do emprego: corpo/escala, categoría/grao, posto de traballo, historial do traballador.

Datos especialmente protexidos: económicos da nómina, saúde.

f) Cesións/transferencias previstas.

Ningunha.

g) Órgano responsable do ficheiro.

Subdirección Xeral de Persoal e de Coordinación Administrativa.

h) Servicios ou unidades ante os que se poderán exerce-los dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.

Subdirección Xeral de Persoal e de Coordinación Administrativa da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

i) Nivel de seguridade.

Alto.

2. Xestión de usuarios informáticos.

a) Finalidade e usos previstos para o ficheiro.

Configúrase como instrumento básico de control, administración e xestión de usuarios de sistemas informáticos desta consellería co gallo de aplica-las políticas de seguridade no referente a xestión de usuarios.

b) Persoas ou colectivos sobre os que se pretenda obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos.

Persoal da consellería con acceso a recursos informáticos.

c) Procedemento de recollida de datos.

Formularios.

d) Estructura básica do ficheiro.

Base de datos.

e) Tipo de datos incluídos no ficheiro.

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome e apelidos, centro de traballo, teléfono do traballo, login de usuario.

Datos de detalle do emprego: centro de traballo, posto de traballo.

f) Cesións/transferencias previstas.

Ningunha.

g) Órgano responsable do ficheiro.

Subdirección Xeral de Persoal e de Coordinación Administrativa.

h) Servicios ou unidades ante os que se poderán exerce-los dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.

Subdirección Xeral de Persoal e de Coordinación Administrativa da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

i) Nivel de seguridade.

Baixo.

3. Cheque asistencial.

a) Finalidade e usos previstos para este.

Xestión e tramitación das axudas concedidas a través do cheque asistencial, para exercer así as atribucións, competencias e funcións en materia de política establecidas para esta consellería.

b) Persoas ou colectivos sobre os que se pretenda obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos.

Persoas maiores residentes na Comunidade Autónoma galega.

c) Procedemento de recollida de datos.

Enquisa, entrevista, declaración e formularios.

d) Estructura básica do ficheiro.

Base de datos.

e) Tipos de datos incluídos no ficheiro.

Datos de carácter persoal: estado civil, datos da familia, data de nacemento, lugar de nacemento, idade, sexo, nacionalidade.

Datos de carácter identificativo: DNI, NSS/mutualidade, nome e apelidos, enderezo, teléfono.

Datos de circunstancias sociais: propiedades, posesións, características de aloxamento/vivenda.

Datos académicos e profesionais: formación, titulacións, experiencia profesional.

Datos económicos: datos económicos de nómina, actividades e negocios, ingresos, rendas, investimentos, bens.

Datos de transaccións: bens e servicios recibidos polo afectado.

Datos especialmente protexidos: saúde.

f) Cesións/transferencias previstas.

Ningunha.

g) Órgano responsable do ficheiro.

Dirección Xeral do Maior e de Persoas con Discapacidade.

h) Servicios ou unidades ante os que se poderán exerce-los dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.

Dirección Xeral do Maior e de Persoas con Discapacidade da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

i) Nivel de seguridade.

Alto.

4. Aplicación para o control orzamentario e facturación.

a) Finalidade e usos previstos para este.

Control e seguimento da facturación e orzamento da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

b) Persoas ou colectivos sobre os que se pretenda obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos.

Provedores da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais

c) Procedemento de recollida de datos.

Declaración, formularios, vía telemática.

d) Estructura básica do ficheiro.

Base de datos.

e) Tipo de datos incluídos no ficheiro.

Datos de carácter persoal: nome e apelidos ou razón social, enderezo, teléfono, fax.

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, código postal.

Datos económicos: datos bancarios, retencións de pagamentos.

f) Cesións/transferencias previstas.

Ningunha.

g) Órgano responsable do ficheiro.

Subdirección Xeral de Persoal e Coordinación Administrativa.

h) Servicios ou unidades ante os que se poderán exerce-los dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.

Subdirección Xeral de Persoal e Coordinación Administrativa da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

i) Nivel de seguridade.

Medio.

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA