Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Xoves, 13 de marzo de 2003 Páx. 2.976

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 26 de febreiro de 2003 pola que se clasifica como benéfico-asistencial a Fundación Familia Naveyra Goday.

Visto o expediente de clasificación da Fundación Familia Naveyra Goday, con domicilio na Coruña.

Supostos de feito.

1. A fundación, formulou solicitude de clasificación para os efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A Fundación Familia Naveyra Goday foi constituída en escritura pública outorgada na Coruña, o día 30 de decembro de 2002, ante o notario Enrique Santiago Rajoy Feijoo, co número catro mil setecentos nove do seu protocolo por Pedro Díaz Casteleiro, José Antonio Otero Outes, Olga Costa Cristín e Carmen Rodríguez-Losada Trulock; interveñen Pedro Díaz Casteleiro, José Antonio Otero Outes, Olga Costa Cristín como testamenteira universal de María Lutgarda Naveyra Goday en virtude de testamento outorgado ante o mesmo notario o día 10 de maio de 2001 co número de protocolo mil setecentos sesenta e tres e Carmen Rodríguez-Losada Trulock como presidenta en representación da Fundación Remanso.

3. O obxecto da fundación é, segundo establece o artigo 2 dos estatutos, atende-las necesidades perentorias en calquera forma que determine o órgano de goberno, das persoas sen medios propios de fortuna, que elixan a residencia El Remanso sita no barrio dos Rosales da cidade da Coruña, pertencente á Fundación El Remanso de carácter benéfico-asistencial.

En tanto non estea en funcionamento a residencia El Remanso, poderanse atende-las necesidades perentorias en calquera forma que determine o órgano de goberno das persoas sen medios propios de fortuna acollidas en calquera fundación ou asociación domiciliada na Comunidade Autónoma de Galicia que teña por fin a atención de persoas sen medios propios de subsistencia.

4. O padroado da fundación estará integrado por Olga Costa Cristín como presidenta, Pedro Díaz Casteleiro como vicepresidente, José Antonio Otero Outes como secretario.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías eleva ó conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública proposta de clasificación como benéfico-asistencial da Fundación Familia Naveyra Goday, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, véndose cumpridos os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como benéfico-asistencial e á súa adscrición á Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

Fundamentos de dereito.

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2º c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, corresponde a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, quen exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día 25 de febreiro de 2003.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como benéfico-asistencial a Fundación Familia Naveyra Goday adscribíndoa á Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública