Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Xoves, 13 de marzo de 2003 Páx. 2.973

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE E VOLUNTARIADO

ORDE do 27 de febreiro de 2003 pola que se crean ficheiros automatizados de datos de carácter persoal existentes na Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado.

A Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, (BOE nº 298, do 14 de decembro), regula o tratamento de datos de carácter persoal rexistrados en soportes físicos, así como o uso posterior destes datos polos sectores público e privado.

A finalidade desta regulación é protexe-los dereitos fundamentais das persoas físicas e especialmente o seu honor e intimidade, tanto persoal como familiar.

No seu artigo 20.1º disponse que a creación, modificación ou supresión dos ficheiros das administracións públicas só poderá facerse por medio dunha disposición xeral publicada no BOE ou diario oficial correspondente.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confire o artigo 34.6º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, modificada parcialmente pola Lei 11/1998, do 20 de outubro.

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

Mediante a presente orde a Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado, crea os ficheiros automatizados de datos de carácter persoal que se relacionan no anexo.

Artigo 2º.-Contido.

A información esixida no artigo 20.2º da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal para as disposicións de creación de ficheiros, está contida no anexo desta orde, en cada un dos ficheiros creados.

Artigo 3º.-Finalidade e uso dos ficheiros.

Os datos de carácter persoal, rexistrados nos ficheiros automatizados da Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado, creados pola presente orde só serán utilizados para os fins expresamente previstos no anexo e por persoal debidamente autorizado.

Artigo 4º.-Cesión de datos.

No suposto de cesión de datos ás administracións públicas haberá que se ater ó disposto na nomativa vixente.

Artigo 5º.-Medidas de seguridade.

As medidas de seguridade dos ficheiros, e en función do nivel en que estes se clasifican, están espe

cificados no correspondente documento de seguridade.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2003.

Pilar Rojo Noguera

Conselleira de Familia, Xuventude e Voluntariado

ANEXO

Rexistro de Voluntariado.

a) Finalidade e usos previstos para o ficheiro.

Configúrase como instrumento básico para o rexistro por parte da Dirección Xeral de Voluntariado das persoas que queiran exercer-lo voluntariado, en función das competencias que a Lei 3/2000, do 22 de decembro, lle atribúe.

b) Persoas ou colectivos sobre os que se pretenda obter de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos.

Persoas que soliciten realizar tarefas de voluntariado.

c) Procedemento de recollida de datos.

Solicitudes, entrevistas telefónicas.

d) Estructura básica do ficheiro e descrición dos tipos de datos de carácter persoal incluídos nel.

a) Estructura básica do ficheiro.

Base de datos.

b) Tipo de datos incluídos no ficheiro.

a) Datos de carácter identificativo.

a) DNI, NIF ou pasaporte.

b) Nome e apelidos.

c) Enderezo.

d) Teléfonos de contacto.

b) Datos de características persoais.

a) Ano de nacemento.

b) Sexo.

c) Nacionalidade.

c) Datos académicos y profesionais.

a) Profesión.

e) Cesións/transferencias previstas.

Outras administracións públicas previstas na Lei 3/2000, do 18 de decembro.

As entidades aseguradoras contratadas para a cobertura dos riscos previstos na Lei 3/2000.

f) Órgano responsable do ficheiro.

Dirección Xeral do Voluntariado.

g) Servicios ou entidades ante os que se poderán ejerce-los dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.

Dirección Xeral do Voluntariado da Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado.

h) Nivel de seguridade.

Baixo.