Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Mércores, 12 de marzo de 2003 Páx. 2.929

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 27 de febreiro de 2003 pola que se regulariza a inscrición de ficheiros automatizados de datos de carácter persoal existentes na Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

A Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro (BOE, nº 298, do 14 de decembro), regula o tratamento de datos de carácter persoal rexistrados en soportes físicos, así como o uso posterior destes datos polos sectores público e privado.

A finalidade desta regulación é protexe-los dereitos fundamentais das persoas físicas e especialmente o seu honor e intimidade, tanto persoal como familiar.

No seu artigo 20.1º disponse que a creación, modificación ou supresión dos ficheiros das administracións públicas só poderá facerse por medio dunha disposición xeral publicada no BOE ou diario oficial correspondente.

A conveniencia de adapta-la inscrición de determinados ficheiros creados pola Orde do 27 de xullo de 1994 (Diario Oficial de Galicia nº 146, do 30 de xullo) ó cambio lexislativo operado na materia xustifica a súa modificación, limitada no presente caso, ó cambio dalgunhas das características definidoras de determinados ficheiros existentes.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confire o artigo 34.6º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, modificada parcialmente pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

A presente orde ten por obxecto a regularización das inscricións dos ficheiros da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais publicados na Orde do 27 de xullo de 1994 pola que se crearon os ficheiros automatizados de datos de carácter persoal da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Artigo 2º.-Contido.

A información esixida no artigo 20.2º da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal para as disposicións de modificación de ficheiros está contida no anexo desta orde, en cada un dos ficheiros creados.

Artigo 3º.-Finalidade e uso dos ficheiros.

Os datos de carácter persoal, rexistrados nos ficheiros automatizados da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais modificados pola presente orde só serán utilizados para os fins

expresamente previstos no anexo e por persoal debidamente autorizado.

Artigo 4º.-Cesión de datos.

No suposto de cesión de datos ás administracións públicas haberá que se ater ó disposto na normativa vixente.

Artigo 5º.-Medidas de seguridade.

As medidas de seguridade dos ficheiros, e en función do nivel en que estes se clasifican, están especificadas no correspondente documento de seguridade.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2003.

María José Cimadevila Cea

Conselleira de Asuntos Sociais, Emprego

e Relacions Laborais

ANEXO

Pensións non contributivas:

a) Finalidade e usos previstos para o mesmo.

Xestión e tramitación de expedientes de pensións non contributivas, para exercer así as atribucións, competencias e funcións en materia de política establecidas para esta consellería.

b) Persoas ou colectivos sobre os que se pretenda obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos.

Pensionistas e solicitantes de pensións non contributivas residentes na Comunidade Autónoma galega.

c) Procedemento de recollida de datos.

Declaración e formularios.

Rexistros públicos.

Administracións públicas.

d) Estructura básica do ficheiro.

Base de datos.

e) Tipo de datos incluídos no ficheiro.

Datos de carácter persoal: estado civil, datos da familia, data de nacemento, lugar de nacemento, sexo, nacionalidade.

Datos de carácter identificativo: DNI. NSS/MUTUALIDAD, nome e apelidos, enderezo, teléfono.

Datos de circunstancias sociais: propiedades, posesións.

Datos económicos: datos bancarios, actividades e negocios, ingresos, rendas, investimentos, bens.

Datos de transaccións: bens e servicios recibidos polo afectado.

Datos especialmente protexidos: saúde.

f) Cesións/transferencias previstas.

Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

g) Órgano responsable do ficheiro.

Dirección Xeral de Servicios Comunitarios e Inclusión Social.

h) Servicios ou unidades ante os que se poderán exerce-los dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.

Dirección Xeral de Servicios Comunitarios e Inclusión Social da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

i) Nivel de seguridade.

Alto.

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA