Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Mércores, 12 de marzo de 2003 Páx. 2.930

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2003 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 27 de febreiro de 2003, polo que se aproba a nova relación de postos de traballo do organismo autónomo Augas de Galicia da Consellería de Medio Ambiente.

A entrada en vigor do Decreto 146/2003, do 6 de febreiro, polo que se modifica o Decreto 108/1996, do 29 de febreiro, polo que se aproba o regulamento do organismo autónomo Augas de Galicia, leva consigo a modificación da actual relación de postos de traballo do devandito organismo.

En consecuencia, por proposta da devandita consellería, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do vintesete de febreiro de dous mil tres, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Aproba-la nova relación de postos de traballo do organismo autónomo Augas de Galicia da Consellería de Medio Ambiente, nos termos que se sinalan no anexo ó presente acordo.

Segundo.-Ordena-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Terceiro.-Clasificar como postos de libre designación, de acordo coa motivación que se especifica, os seguintes:

CódigoDenominaciónMotivación

MA.A01.00.001.15770.001Sub. xeral Xestión do Dominio Público HidráulicoArtigo 6 da Orde da Consellería da Presidencia e

MA.A01.00.002.15770.001Subdirector/a xeral de Programación e ProxectosAdministración Pública do 21 de novembro do 1989

MA.A01.00.001.15770.025Servicio Tramitación Técn.-Admtva. Dominio Público Hidráulico(DOG nº 232, do 4 de decembro). Postos de confianza.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do vintesete de febreiro de dous mil tres, relativo á aprobación da relación de postos de traballo do organismo autónomo Augas de Galicia da Consellería de Medio Ambiente, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais

e Administración Pública

Observacións:

(1) Ocupado por laboral fixo.

(2) Ocupado por laboral fixo para extinguir.

(3) Dispoñibilidade horaria.

(4) Para reconverter en subalterno.

(5) Ocupado por oficial 2ª, grupo IV, categoría 18.

Descrición de códigos de titulacións académicas

2004: enxeñeiro de camiños, canles e portos.

2005: enxeñería industrial.

2019: enxeñería superior.

2022: licenciado en ciencias económicas.

2023: licenciado en ciencias empresariais.

2062: licenciado en dereito.

2998: titulado superior.

3007: enxeñeiro técnico obras públicas.

3010: enxeñería técnica topográfica.

4020: FP2-delineación.

Descrición de códigos de formacións específicas

001: mecanografía.

187: experiencia en contabilidade pública.

506: licenciado en económicas/empresariais (mérito).

523: diploma de directivo.

530: diplomado en económicas/empresariais (mérito).

640: para persoal doutra administración, curso de perfeccionamento de galego (RI).

641: para persoal doutra administración, curso de iniciación de galego (RI).

Descrición de códigos de adscrición a administracións públicas

A11: adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.

AXG: adscrición exclusiva a funcionarios da Xunta de Galicia.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA