Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Martes, 11 de marzo de 2003 Páx. 2.898

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (491/2002).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 491/2002, por instancia de Luis Manuel Souto Lestón y otros, contra Hermanos Moraes, S.L. sobre salarios, nos que recaeu sentencia en data que copiada nos particulares necesarios di así:

«José Modesto Riveiro Golán, Horacio Pablo Caamaño Mourelle, Juan Fernández Manteiga, José Luis Cotofre del Río, José Luis Albacete Rivera, Alfonso Jesús Guerra Novo e Carlos Carballo Hortas, que estimando a demanda promovida por Luis Manuel Souto Lestón, José Modesto Riveiro Golán, Horacio Pablo Caamaño Mourelle, Juan Fernández Manteiga, José Cotofre del Río, José Luis Albacete Rivera, Alfonso Jesús Guerra Novo e Carlos Carballo Hortas contra a empresa Hermanos Moraes, S.L. debo condenar e condeno a demandada a que lle aboe a cada un dos demandantes a cantidade de 1.154,22 euros por tódolos conceptos reclamados na demanda.

Así, por esta miña sentencia contra a que se poderá recorrer en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados desde o seguinte á súa notificación, anunciando o propósito de emprendelo mediante comparecencia ou por escrito sendo indispensable que no momento de anuncialo o recorrente, se é empresario, exhiba perante este Xulgado do Social o xustificante acreditativo de ter depositado na conta deste xulgado aberta en grupo Banesto (Banco Español de Crédito, S.A. e Banco de Vitoria, S.A.), co número 5605 0000 60 0491 02, a cantidade obxecto da condena, podendo substituí-la consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerlle consta-la responsabilidade solidaria do avalista, sen este requisito non se poderá ter por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Debendo consignar ade

mais a cantidade de 150,25 euros na mesma conta 5605 0000 65 0491 02 entregándose o xustificante na secretaría no momento de interpoñe-lo recurso declarándose este desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada, definitivamente xulgando na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Así por esta miña sentencia da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Hermanos Moraes, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña, o vintecatro de xaneiro de dous mil tres.

A secretaria xudicial

Rubricado