Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Martes, 11 de marzo de 2003 Páx. 2.898

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (829/2002).

Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número dous dos de Lugo, en funcións no número un, dá fe e testemuño que nos autos de xuízo número 829/2002, seguidos por instancia de José Pablo Lamela Castro contra a empresa Rescom Consultoría, S.L. sobre cantidade, se dictou a sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que di:

Sentencia. Lugo, 31 de xaneiro de 2003.

Vistos por María de los Ángeles Andrés Vega, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número un dos de Lugo, estes autos de xuízo verbal número 829/2002, sobre cantidade, no que son partes, como demandante, José Pablo Lamela Castro, respresentado pola letrada Nuria González Lores e, como parte demandada, a empresa Dirickx, S.A.S., representada por Pierre Miguel Claude Varlet e asistida polo letrado David Sánchez Ballester, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), representado polo letrado José Carlos Pérez Vázquez, e a empresa Rescom Consultoría, S.L., que no compareceu malia estar citada en legal forma.

Decido que, estimando en parte a demanda sobre cantidade interposta por José Pablo Lamela Castro contra as empresas Dirickx, S.A.S. e Rescom Consultoría, S.L., debo condenar e condeno as demandadas a que, conxunta e solidariamente entre elas, lle aboen ó demandante a suma bruta de vintetrés mil seiscentos oito euros con noventa céntimos de euro (23.608, 90 euros), polos conceptos expresados no feito probado 11º desta resolución, con excepción

do relativo á falta de 10 días de aviso previo de cesamento, e sen proceder tampouco a recarga do 10% de mora salarial.

Absólvese o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sen prexuízo da súa eventual e ulterior responsabilidade subsidiaria nos termos e cos límites legalmente previdos, de se declara-la insolvencia empresarial.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, coa advertencia de que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na Coruña, dentro dos cinco días seguintes ó da súa notificación, por conducto deste xulgado do social, logo do depósito das cantidades obxecto de condena, e cos requisitos esixidos no artigo 189 e seguintes do texto refundido da Lei de procedemento laboral e, en especial, o disposto no artigo 228 do citado corpo legal, consistente en que será indispensable que o recorrente que non gozase do beneficio de xustiza gratuíta acredite, ó anuncia-lo recurso de suplicación, ter consignado na conta de depósitos e consignacións, nº 2322-61- nº de autos 829/2002, que este xulgado do social ten aberta na oficina principal do grupo Banesto, situada na rúa San Marcos nº 3, 27001 desta cidade, a cantidade obxecto da condena. Poderá substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no

que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista. O xustificante de consignación en metálico ou, de se-lo caso, o documento de aseguramento, nos que deberá consta-lo número do procedemento, quedará baixo a custodia do secretario, que expedirá testemuño destes para a súa unión ós autos, facilitando o oportuno recibo, mailo depósito de 150,25 euros prevido para esta clase de recursos, que deberá constituírse na mesma conta nº 2322-65 nº de autos 829/2002 da entidade Banesto, que para o efecto e baixo a denominación de recurso de suplicación existe, e deberán entregarse os xustificantes na secretaría deste xulgado ó tempo de interpo-lo recurso, no caso de seren as empresas demandadas condenadas solidariamente as que o interpuxesen, de conformidade co disposto no artigo 227 do referido texto legal.

Así, por esta miña sentencia definitiva, da que se levará testemuño ós autos, pronúncioo, mándoo e asínoo. María de los Ángeles Andrés Vega. Rubricado.

Publicación.-A anterior sentencia foi lida e publicada pola maxistrada que a subscribe, que estaba celebrando audiencia pública no día da súa data, do que eu, secretario, certifico. Rafael González Alió. Rubricado.

Concorda ben e fielmente co orixinal, e para que sirva de notificación en forma á empresa Rescom Consultoría, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, en Lugo o 31 de xaneiro de 2003.

Rubricado

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA