Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Martes, 11 de marzo de 2003 Páx. 2.897

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (9/2003).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño que en autos seguidos perante este xulgado, tramitados baixo o número 9/2003 por instancia de Paula Ríos Villares contra Óscar López Seoane e Fogasa sobre resolución de contrato, dictouse a seguinte sentencia:

«Na Coruña, 30 de xaneiro de 2003.

Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número dous desta cidade, viu estes autos de xuízo número 9/2003, seguidos por instancia de Paula Ríos Villares, maior de idade, asistida polo letrado Santiago Güemez Abad, contra a empresa Óscar López Seoane, que non compareceu nos autos, sendo o obxecto da reclamación, resolución de contrato.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que estimando a demanda interposta por Paula Ríos Villares contra a empresa Óscar López Seoane, debo declarar e declaro a extinción da relación laboral que unía as partes e condeno a demandada a lle aboar á demandante a cantidade de 364,16 euros en concepto de indemnización.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se fará saber que contra a referida só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se anunciará ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentencia, e no propio prazo se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta, deberá, ó anuncialo, entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade obxecto da condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta en Banesto desta cidade co número de conta 0030-6349-0000-5603, clave 60, facendo constar no ingreso o número do expediente.

E, así mesmo, deberá, no momento de interpo-lo recurso, consigna-la cantidade de 150,25 euros en concepto de depósito, na clave 65 da citada conta e expediente.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación á empresa Óscar López Seoane, que ten o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula na Coruña o 31 de xaneiro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado