Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Martes, 11 de marzo de 2003 Páx. 2.897

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2003, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala de inspección pesqueira, pola que se ordena a publicación da proposta de relación de aspirantes que superaron o citado proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 5 de marzo de 2003, o tribunal designado por Orde do 23 de abril de 2002 para cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala de inspección pesqueira, convocado por Orde do 29 de novembro de 2001, acordou, de conformidade co disposto na

base IV da citada convocatoria, publica-la proposta do aspirante que superou, por orde de puntuación, as citadas probas na quenda de acceso libre.

Así mesmo, tal e como dispón a mencionada base IV, acordouse eleva-la citada proposta á directora xeral da Función Pública.

A puntuación do aspirante establécese de acordo coa suma das puntuacións obtidas na fase de concurso e na fase de oposición, tal e como dispón a base II.2.4 da convocatoria e é a que figura no anexo I, que se xunta á presente resolución.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2003.

Javier Pereiro Muñoz

Presidente do tribunal

ANEXO

Escala de inspección pesqueira

Acceso libre

DNIPrimeiro apelidoSegundo apelidoNomeExame 1Exame 2Exame 3Exame 4ConcursoTotal

32637943 TCodesidoVilarJuan Carlos7,8015,3016,50Exento039,60