Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Martes, 11 de marzo de 2003 Páx. 2.896

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2003, do tribunal designado para cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala de inspección pesqueira, pola que se publica a puntuación definitiva da fase de concurso.

En sesión que tivo lugar o día 3 de marzo de 2003, o tribunal designado por Orde do 23 de abril de 2002 para cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala de inspección pesqueira, convocado por Orde do 29 de novembro de 2001, acordou, de conformidade co disposto na base II.1.8 da convocatoria, á vista de que non se formularon alegacións á baremación provisional da fase de concurso, aprobada por resolución do tribunal mencionado do 11 de febreiro de 2003 e publicada no Diario Oficial de Galicia nº 34, do 18 de febreiro, publica-la puntuación definitiva obtida na fase de concurso polos aspirantes que superaron a fase de oposición, que figura como anexo á presente resolución.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderán os aspirantes que o consideren oportuno formular recurso de alzada ante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2003.

Javier Pereiro Muñoz

Presidente do tribunal

ANEXO

Escala de inspección pesqueira

Acceso libre

DNIPrimeiro apelidoSegundo apelidoNomeII.1.1II.1.2II.1.3II.1.4.aII.1.4.bTotal

32764252QCastroVázquezMaría Monserrat000000

32637943TCodesidoVilarJuan Carlos000000