Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Luns, 10 de marzo de 2003 Páx. 2.842

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (736/2002).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña fago saber que nos autos número 736/2002 seguidos pola instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo y Enfermedades de la Seguridad Social número 201 contra José Antonio Verdiñas Caamaño e outros sobre declaración de responsabilidade no aboamento das prestacións e reintegro delas, a maxistrada-xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, dictou sentencia, na data do 14 de xaneiro de 2003, coa seguinte parte dispositiva:

«Que, estimando as pretensións da demanda presentada pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social número 201, declaro a responsabilidade directa e principal da empresa demandada Obrasgal Reformas y Construcciones, S.L. no aboamento de todas e cada unha das prestacións a que ten dereito José Antonio Verdiñas Caamaño a consecuencia do accidente de traballo sufrido o 4 de xaneiro de 2001, así como a subsidiaria do INSS e a TXSS para o suposto da insolvencia da citada empresa, acordándose en consecuencia o reintegro á demandante da cantidade de 27.701,53 euros a que ascende o importe de prestacións de asistencia sanitaria, incapacidade temporal e a indemnización a tanto alzado en concepto de IPP condenando a empresa Obrasgal Reforma y Construcciones, S.L. a aboar á Mutua Gallega a cantidade de 27.701,53 euros se prexuízo da responsabilidade subsidiaria do INSS e a TXSS como representantes do exitinto Fondo de Garantía de Accidentes de

Traballo e Servicio de Reaseguro respectivamente.

Notifíquesellles esta sentencia ás partes, ás que se fará saber que, en contra da dita resolución cabe o recurso de suplicación, que deberá de anunciarse perante este xulgado no prazo de cinco días, contados desde a notificación desta sentencia, por comparecencia, ou por escrito das partes, ó seu avogado ou representante legal, designando o letrado que deberá presentalo, é posible o anuncio por mera manifestación daquela ó ser notificada, e que será resolto, se é o caso e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá asemade, acreditar ó anuncia-lo recurso, ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado aberta no BBV, conta número 5602-60, e que pode substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, constando a responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na mesma conta e en calidade de depósito nun impreso separado ó do importe da condena.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Obrasgal Reformas y Construcciones, S.L. que tivo o seu último enderezo coñecido en r/ Capitán Juan Varela, 25 baixo-dous, 15007 A Coruña; e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña, 14 de xaneiro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado