Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Luns, 10 de marzo de 2003 Páx. 2.842

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (592/2002).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos nº 592/2002 seguidos por instancia de Jesús Sánchez García contra Granxa Carballos, S.L. e outros sobre reclamación de cantidades, a maxistrada-xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, dictou sentencia, na data do 14 de xaneiro de 2003, coa seguinte parte dispositiva:

«Que, estimando a demanda presentada por Jesús Sánchez García, debo declarar e declaro o dereito de actor a percibi-la cantidade de 5.274,10 euros polos conceptos que se expresan no feito probado segundo desta resolución e neste sentido debo condenar e condeno á empresa Granxa Carballo, S.L. a que estando e pasando por tal declaración aboe ó actor a cantidade de 5.274,10 euros en concepto de salarios e liquidación máis o 10% de xuros por mora desde a data do seu correspondente devengo e das que deberá responder solidariamente coa anterior a empresa Grupo Gaper II, S.A., por importe de 1.933,90 euros.

E debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do ET.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, ás que se fará saber que, en contra da dita resolución cabe o recurso de suplicación, que deberá de anunciarse perante este xulgado no prazo de cinco días, contados desde a notificación desta sentencia, por comparecencia, ou por escrito das partes, o seu avogado ou representante legal, designando o letrado que deberá de presentalo, é posible o anuncio por mera manifestación daquela ó ser notificada, e que será resolto, se é o caso, e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá, así mesmo, acreditar ó anuncia-lo recurso ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado aberta no BBV, conta nº 5602-60, e que pode substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, constando a responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na mesma conta e en calidade de depósito nun impreso separado ó do importe da condena.

Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación ás empresas Granxa Carballo, S.L. (sociedade unipersonal) e Grupo Gaper II, S.A. que tiveron os seus últimos enderezos coñecidos en Avda. de Almeiras, 52, Culleredo, A Coruña, e Avda. Antonio Viñes, 22-3º A 15007 A Coruña, (no caso de primeira empresa), e Avda. Pérez Ardá, 49, baixo, 15009 A Coruña (no caso da segunda empresa) e que na actualidade

se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 14 de xaneiro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado