Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Luns, 10 de marzo de 2003 Páx. 2.843

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (755/2002).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos número 755/2002 seguidos por instancia de Juan Manuel Iglesias Fraga contra Exporvey e outros sobre invalidez permanente total e subsidiariamente parcial, a maxistrada-xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, dictou sentencia, na data do 30 de xaneiro de 2003, coa seguinte parte dispositiva:

Que estimando a pretensión da demanda presentada por Juan Manuel Iglesias Fraga, debo absolver e absolvo ó Instituto Nacional da Seguridade Social, TXSS, Mutua Fremap e á empresa Exporvey, S.L. das pretensións da parte demandante.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, ás que se fará saber que, en contra da dita resolución cabe o recurso de suplicación, que deberá de anunciarse perante este xulgado no prazo de cinco días, contado desde a notificación desta sentencia, por comparecencia, ou por escrito das partes, o seu avogado ou representante legal, designando o letrado que deberá de presentalo, é posible o anuncio por mera manifestación daquela ó ser notificada, e que será resolto, se é o caso, e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá, así mesmo, acreditar ó anuncia-lo recurso ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado aberta no BBV, conta nº 5602-60, e que pode substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, constando a responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na mesma conta e en calidade de depósito nun impreso separado ó do importe da condena.

Así por esta a miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación á empresa Exporvey, S.L. que tivo os seus últimos enderezos coñecidos na Coruña (pza. de Vigo, 3-7, Federico Tapia, s/n; r/ Caballeros, 27-29 e avda. dos Caídos, 176-bis), e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 30 de xaneiro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado