Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Luns, 10 de marzo de 2003 Páx. 2.843

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (462/2002).

Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño de que en autos seguidos perante este Xulgado do Social, tramitados baixo o número 462/2002 por instancia de Raquel Pintor Buyo contra a empresa Counter Lab, S.L. e Fogasa sobre salarios, dictouse a seguinte sentencia:

«Na Coruña, 30 de xaneiro de 2003.

Jorge Hay Alba, maxistrado xuíz do Social número dous desta cidade, viu estes autos de xuízo número 462/2002, seguidos por instancia de Raquel Pintor Buyo, maior de idade, asistida polo letrado Pedro Pedreira Candal, contra a empresa Counter Lab, S.L., que non compareceu nos autos; e o Fondo de Garantía Salarial, representado e asistido pola letrada Enma Pérez Díez del Corral, sendo o obxecto da reclamación salarios.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que estimando a demanda interposta por Raquel Pintor Buyo, intervindo o Fogasa, contra a empresa Counter Lab, S.L., debo condenar e condeno esta a que lle aboe á demandante a cantidade de 611,10 euros por tódolos conceptos reclamados na demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra a referida só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentencia, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta, deberá, ó anuncialo, entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade obxecto da condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade, co número de conta 0030-6349-0000-5603, clave 60, facendo constar no ingreso o número do expediente.

E así mesmo deberá, no momento de interpo-lo recurso, consigna-la cantidade de 150,25 euros, en concepto de depósito na clave 65 da citada conta e expediente.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lles sirva de notificación á empresa Counter Lab, S.L., que ten o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula na Coruña o 31 de xaneiro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado