Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Luns, 10 de marzo de 2003 Páx. 2.844

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (396/2002).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño que nos autos seguidos perante este Xulgado do Social, tramitados baixo o número 396/2002 contra a empresa Labor Hominis (ETT), S.A. sobre salarios, dictouse a seguinte sentencia:

«Sentencia.-A Coruña, 25 de novembro de 2002.

Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo 396/2002, seguidos por instancia de Eva Serrano Rodríguez, maior de idade, asistida polo letrado Carlos Tomé Santiago, contra ae mpresa Labor Hominis (ETT), S.A., sendo o obxecto da reclamación, salarios.

Seguen feitos e fundamentos xurídicos.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por Eva Serrano Rodríguez, contra a empresa Labor Hominis (ETT), S.A. condenando a demandada a lle aboar á demandante a cantidade de 1.328,38 euros polos conceptos reclamados na demanda máis o 10% de xuros.

Notifíqueselles esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra ela non cabe recurso.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación á empresa Labor Hominis (ETT), S.A. que ten o enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG), expido e asíno esta cédula na Coruña o 3 de febreiro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado