Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Venres, 07 de marzo de 2003 Páx. 2.791

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (770/2002).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado séguense autos nº 770-2002 por instancia de Rebeca López Durán contra Juana Rivera Cuevas e outro C.B. sobre despedimento, nos que recaeu sentencia en data 19 de decembro de 2003 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Que desestimando a excepción de caducidade declaro que estimando a demanda formulada por Rebeca López Durán declaro a improcedencia do seu despedimento e condeno a empresa Carida Textil, S.L. a que á súa elección, para efectuar no prazo de cinco días, o readmita no seu posto e condicións de traballo ou o indemnice coa cantidade de 1.463,46 euros, así como a pagar no concepto de salarios de tramitación para o suposto de readmisión a cantidade de 1.725,64 euros. Absolvendo das pretensións da demanda as codemandadas, Juana Rivera Cuevas e outro C.B. e Juana Rivera Cuevas.

Notifíquese a pesente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este xulgado do social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte da súa notificación.

Previndo a empresa demandada que para recorrer deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións código 5604.000.60 770-2002 de Banesto desta cidade denominada Conta do Xulgado do Social número tres o importe da condena e 150,25 euros

en concepto de depósito, sen os cales requisitos non será admitido a trámite o recurso quedando firme a sentencia.

Así mesmo advírteselle á parte demandada a que se fai uso de tal dereito, optando pola readmisión, durante a sustanciación do procedemento deberá aboar á parte demandante o mesmo salario que percibiría, estando obrigada esta a presta-los seus servicios á demandada, a menos que a mesma prefira facer uso de tal aboamento sen percibir compensación ningunha por parte da demandante.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a Juana Rivera Cuevas e outro C.B. e Juana Rivera Cuevas, expido e asino esta cédula na Coruña o 3 de febreiro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA