Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Venres, 07 de marzo de 2003 Páx. 2.791

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (646/2002).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado séguense autos número 646/2002 a instancia de Faustino Temprano Grueiro contra a empresa Mana Express, S.L. sobre salarios, nos que recaeu

sentencia con data do 28 de xaneiro de 2003 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Que estimando a demanda formulada por Faustino Temprano Grueiro, contra a empresa Mana Express, S.L. condeno a esta a pagarlle a cantidade de 1.415,01 euros, que lle debe en concepto de salarios.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe interpor recurso ningún.

Así por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia a fin de que sirva de notificación en forma á empresa Mana Express, S.L., expido e asino a presente na Coruña o 31 de xaneiro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado