Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Venres, 07 de marzo de 2003 Páx. 2.790

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (933/2002).

Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño de que nos autos seguidos perante este xulgado do social tramitados baixo o nº 933/2002 contra WSI Coruña-Dos, S.L. sobre despedimento, dictouse a seguinte sentencia:

«Sentencia.-A Coruña, 28 de xaneiro de 2003. Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo 933/2002 seguidos por instancia de Begoña Ferrín Santos, Ana Martínez Becerra, Susana María Fuentes Coppa, Montserrat González Guillin, María Alejandra Torres Amor e Sonia Belén Couto Suárez, maiores de idade, asistidas polo letrado Antonio Pou

sa Merens, contra a empresa WSI Coruña-Dos, S.L., que non compareceu nos autos, sendo o obxecto da reclamación, despedimento.

Seguen feitos e fundamentos xurídicos.

Decido: que debo estimar e estimo a demanda interposta polas demandantes, debo declarar e declaro improcedente o despidimento efectuado pola empresa WSI Coruña-Dos, S.L. e extinguida a relación laboral na data desta resolución, condenando á empresa a aboarlles ás demandantes as seguintes cantidades: a Begoña Ferrín Santos, 4.355,20 euros; a Ana Martínez Becerra, 7.347,13 euros; a Susana María Fuentes Coppa, 4.763 euros; a Montserrat González Guillin, 5.683,63 euros; a María Alejandra Torres Amor, 5.304,25 euros e a Sonia Belén Couto Suárez, 10.609,50 euros.

Notifíqueselles esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prrazo de cinco días a contar a partir da notificación desta sentencia, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta, deberá ó anuncialo, entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade obxecto da condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade, co número de conta 5603, clave 60, facendo contar no ingreso o número do expediente.

E, así mesmo, deberá, no momento de interpo-lo recurso, consigna-la cantidade de 150,25 euros en concepto de depósito na clave 65 da citada conta e expediente.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación á empresa WSI Coruña-Dos, S.L. mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, que ten o seu enderezo descoñecido, expido e asino esta cédula na Coruña, 28 de xaneiro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado