Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Venres, 07 de marzo de 2003 Páx. 2.790

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (929/2002).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño de que en autos seguidos perante este xulgado do social tramitado baixo o número 929/2002 por instancia de Melissa Rivas Pérez e outros contra emp. Kids Galicia, S.L. sobre despedimento, dictouse a seguinte sentencia:

«Na cidade da Coruña o 27 de xaneiro de 2003. Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 929/2002, seguidos por instancia de Melissa Rivas Pérez e outros, maiores de idade, asistido polo letrado Antonio Pousa Merens, contra a empresa Kids Galicia, S.L., que non compareceu nos autos; intervindo o Fogasa, representado e asistido pola letrada Enma Pérez Díez del Corral, é o obxecto da reclamación, despedimento.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que estimando a demanda interposta polas demandantes, intervino o Fondo de Garantía Salarial, debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado pola empresa Kids Gali

cia, S.L., extinguida a relación laboral na data da presente resolución, condenando á empresa a que lles aboe ás demandantes a seguinte indemnización: a Melissa Rivas Pérez, 4.625,10 euros; a Beatriz María Torreiro Uzal, 1.275,68 euros; a Rebecca de Sanjosé Busto, 2.448 euros; a María del Mar Polo Fernández, 1.514,98 euros; a María Álvarez Cruz, 1.115,64 euros; a Isabel Noya Rodríguez, 3.448,25 euros; a María Isabel García Rodríguez, 863,96 euros; a María José Míguez Pena, 1.268,82 euros; a Laura María Alcazar Mouriño, 148,94 euros; a Linda Margarita Míguez Nordquist, 99,93 euros; a Marta María Lago Barros, 391,13 euros; y a Rosario Gándara Carro, 1.782,47 euros.

Notifíqueselles esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra a referida só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentencia, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá ó anuncialo entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade obxecto da condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade, co número de conta 0030-6349-0000-5603, clave 60, facendo constar no ingreso o número de expediente.

E, así mesmo, deberá no momento de interpo-lo recurso consigna-la cantidade de 150,25 euros en concepto de depósito na clave 65 da citada conta e expediente.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación á empresa Kids Galicia, S.L., que ten o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula na Coruña o 28 de xaneiro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado