Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Venres, 07 de marzo de 2003 Páx. 2.789

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (348/2002).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño:

Nos autos seguidos perante este Xulgado do Social, tramitados baixo o número 348/2002 contra empresa Constructora Exporvey, S.L. e outro sobre salarios, dictouse a seguinte sentencia:

«A Coruña, 28 de xaneiro de 2003.

Jorge Hay Alba, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 348/2002 seguidos por instancia de Luis Ernesto Diamante Baamonde, maior de idade, representado e asistido pola letrada Cristina Gómez Lozano, contra a empresa Cegape, S.L. e a empresa Constructora Exporvey, S.L. que non compareceron nos autos, e a intervención do fondo de garantía salarial, representado e asistido pola letrada Enma Pérez Díez del Corral, sendo o obxecto da reclamación, salarios.

Seguen feitos e fundamentos xurídicos.

Decido que debo estimar y estimo a demanda interposta por Luis Ernesto Diamante Baamonde contra

a empresa Cegape, S.L. e a empresa Constructora Exporvey, S.L., debo condenar e condeno a estas solidariamente a que aboen ó demandante a cantidade de 6.846,07 euros polos conceptos reclamados na demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentencia, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta, deberá, ó anuncialo, entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade obxecto da condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no banco Banesto desta cidade, co número de conta 5603, clave 60, facendo constar no ingreso o número do expediente.

E, así mesmo, deberá, no momento de interpo-lo recurso, consignar a cantidade de 150,25 euros en concepto de depósito na clave 65 da citada conta e expediente.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación á empresa Constructora Exporvey, S.L., que ten o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino a presente cédula na Coruña o 28 de xaneiro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado