Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Venres, 07 de marzo de 2003 Páx. 2.789

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE CAMBADOS

EDICTO (273/2002).

En Cambados o 28 de enero de 2003.

Luisa Marina Barrio Calle, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número uno de Cambados, fai constar que nos autos de medidas provisionais número 273/2002, por instancia de Petronila Lois Aragunde contra Luis Santos Fernández, recaeu auto, do que a parte dispositiva di como segue:

«Dispoño: acórdase a adopción das seguintes medidas:

1. A separación provisional dos cónxuxes Petronila Lois Aragunde e Luis Santos Fernández.

2. Atribúese a garda e custodia do fillo menor do matrimonio, Luis Santos Lois, á nai, sendo a patria potestade compartida por ámbolos proxenitores; e sinálase a favor do pai o réxime de visitas indicado no fundamento primeiro desta resolución, isto é, fins de semana alternos desde as 11 horas do sábado ata as 19 horas do domingo, así como a metade dos períodos de vacacións escolares (Semana Santa, verán e Nadal), correspondendo elixir á nai os anos impares e ó pai os anos pares.

3. Atribúeselle á esposa o uso e desfrute do enxoval familiar.

4. Queda en suspenso a pensión alimenticia a favor do fillo menor do matrimonio entrementres o esposo careza de traballo ou de calesquera outros ingresos.

5. Non procede establecer cantidade ningunha en concepto de litis expensas, ó non ter reunido os requisitos indicados no artigo 1.318 do C.C.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso ningún».

E para que conste e lle sirva de notificación ó demandado rebelde, Luis Santos Fernández, expido este edicto e dou fe.

A secretaria

Rubricado