Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Venres, 07 de marzo de 2003 Páx. 2.789

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2003 pola que se designa a data, a hora e o lugar para a celebración do sorteo público ó que se refire o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co establecido no artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo, cómpre realizar, previamente á convocatoria dos procesos de selección e con validez para todos eles, o sorteo público no que se determinará a orde de actuación dos aspirantes nos procesos de selección que se deriven da oferta de emprego público correspondente ó ano 2003, debendo recollerse o resultado do dito sorteo en cada convocatoria.

En consecuencia, resólvese celebra-lo mencionado sorteo en acto público o día 10 de marzo ás 11 horas na sala E da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, edificio administrativo San Caetano, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública