Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Venres, 07 de marzo de 2003 Páx. 2.788

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2003, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de admitidos e excluídos ó proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de biólogos.

De conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e na base I.4 das que rexen o proceso selectivo convocado pola orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 20 de decembro de 2002, publicada no Diario Oficial de Galicia número 250, do 27 de decembro, corrección de erros, publicada no Diario Oficial de Galicia número 251, do 30 de decembro, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aproba-las listas provisionais de admitidos e excluídos ó proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de administración da Xunta de Galicia (grupo A) escala de biólogos.

A lista de aspirantes admitidos estará exposta nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e nos das súas delegacións provinciais, no servicio de información do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo, e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Para efectos de información, o teléfono de contacto é o 902 12 00 12 en horarios de 9 a 19 horas de luns a venres e de 9 a 14 horas os sábados.

Así mesmo, publícase a lista de excluídos, que figura como anexo a esta resolución.

Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución, para emenda-lo defecto que motivase a exclusión.

Os aspirantes que dentro do prazo sinalado no corrixan os defectos motivo da exclusión serán definitivamente excluídos.

Os aspirantes que non figuren na lista de admitidos nin na de excluídos disporán do mesmo prazo, co obxecto de formular reclamación.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2003.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública

ANEXO

NomeDNIExclusión

González Outomuro, Elías Antonio44446992K63

Prego Filgueiras, Graciela32686290R63

Velázquez Palomera, Natalia46885541H63

Causas de exclusión.

63 Non ter ou non acredita-lo requisito da base 1.2.1.6 da convocatoria.