Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Venres, 07 de marzo de 2003 Páx. 2.788

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2003, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as puntuacións provisionais dos participantes admitidos no concurso 3/2002, convocado pola Orde do 10 de decembro de 2002 para a provisión de postos de traballo vacantes das escalas de estatística da Xunta de Galicia.

Convocado o concurso 3/2002, para a provisión de postos de traballo vacantes das escalas de estatística da Xunta de Galicia publicado no DOG nº 244, do 19 de decembro, cunha corrección de erros publicada no DOG nº 251, do 30 de decembro, e á vista da proposta realizada pola comisión encargada de valora-los méritos alegados polos concursantes, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas as relacións coas puntuacións provisionais dos concursantes admitidos para cada un dos postos solicitados. Estas relacións encóntranse expostas nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia Relacións Institucionais e Administración Pública.

-Centro de Información Administrativa e Atención ó Cidadán da Consellería da Presidencia Relacións Institucionais e Administración Pública.

-Delegacións provinciais da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

-Oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

-Edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo.

Segundo.-Os interesados poderán formular reclamación en relación coas puntuacións provisionais no prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

As reclamacións deberán realizarse mediante escrito dirixido á Dirección Xeral da Función Públi

ca, edificio administrativo San Caetano, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2003.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública