Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Venres, 07 de marzo de 2003 Páx. 2.787

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2003, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso ó corpo facultativo do grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de axentes de extensión pesqueira, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 19 de febreiro de 2003, o tribunal designado pola Orde do 27 de

novembro de 2002 para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo do grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de axentes de extensión pesqueira, convocado pola Orde do 29 de novembro de 2001, acordou, de conformidade co disposto na base II.2.1 da convocatoria, que o primeiro exercicio da fase de oposición se realizará o día 17 de marzo de 2003, na aula 5 da Escola Galega de Administración Pública, rúa Madrid, 2-4, (Polígono das Fontiñas), de Santiago de Compostela, en chamamento único.

A realización do exercicio comezará ás 10.30 horas e os opositores deberán estar presentes ás 9.30 horas.

Os aspirantes terán que ir provistos necesariamente do documento nacional de identidade ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, así como de lapis do nº 2 e goma de borrar.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2003.

Rosa Mª Quintana Carballo

Presidenta do tribunal