Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Venres, 07 de marzo de 2003 Páx. 2.792

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 7 de xaneiro de 2003, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fai pública a adxudicación de nove contratos administrativos.

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, aprobado por Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño e 119 do Regulamento xeral de contratación do Estado, esta secretaría acordou darlle publicidade á adxudicación dos contratos administrativos que se relacionan.

Forma de adxudicación: os contratos que de seguido se identifican foron adxudicados, logo de tramitación dos correspondentes expedientes administrativos, mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público, ó amparo do disposto no artigo 73 e 74 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, aprobado por Real decreto lexislativo 2/200, do 16 de xuño.

1. Contrato de obras.

1.1. Resolución de licitación: 21 de agosto de 2002 (DOG nº 166, do 29 de agosto).

Obxecto do contrato: reforma da cuberta do pavillón polideportivo das Travesas no concello de Vigo (Pontevedra).

Adxudicatario: Alicatados y Revestimientos Gómez Crespo, S.L.

Importe da adxudicación: 148.135,21 euros.

Prazo de execución: dous (2) meses.

Data da resolución: 24 de outubro de 2002.

Obxecto do contrato: construcción de nave para embarcacións no concello de Castrelo de Miño (Ourense).

Adxudicatario: Alicatados y Revestimientos Gómez Crespo, S.L.

Importe da adxudicación: 147.669,35 euros.

Prazo de execución: tres (3) meses.

Data da resolución: 9 de outubro de 2002.

1.2. Resolución de licitación: 11 de setembro de 2002 (DOG nº 179, do 17 de setembro).

Obxecto do contrato: construcción dun pavillón polideportivo no concello de Ribadeo (Lugo).

Adxudicatario: Mantenimientos y Construcciones Alcuba, S.A.

Importe da adxudicación: 705.667,02 euros.

Prazo de execución: nove (9) meses.

Data da resolución: 31 de outubro de 2002.

Obxecto do contrato: construcción dun pavillón polideportivo no concello de Cervo (Lugo).

Adxudicatario: Construcciones Jesús Naray, S.L.

Importe da adxudicación: 788.341,56 euros.

Prazo de execución: dez (10) meses.

Data da resolución: 13 de novembro de 2002.

1.3. Resolución de licitación: 30 de outubro de 2002 (DOG nº 216, do 8 de novembro).

Obxecto do contrato: urbanización do contorno do edificio de servicios administrativos e sede das federacións deportivas en Vigo (Pontevedra).

Adxudicatario: Obras, Pavimentos e Instalaciones Industriales, S.L.

Importe da adxudicación: 122.911,69 euros.

Prazo de execución: dous (2) meses e tres (3) semanas.

Data da resolución: 5 de decembro de 2002.

1.4. Resolución de licitación: 11 de novembro de 2002 (DOG nº 240, do 13 de decembro).

Obxecto do contrato: construcción dunha piscina cuberta e climatizada en Bertamiráns, no concello de Ames (A Coruña).

Adxudicatario: Mouzo y Souto Construcciones, S.L.

Importe da adxudicación: 1.561.826,67 euros.

Prazo de execución: dezasete (17) meses.

Data da resolución: 30 de decembro de 2002.

2. Contrato de consultoría e asistencia técnica.

2.1. Resolución de licitación: 2 de maio de 2002 (DOG nº 98, do 23 de maio).

Obxecto do contrato: redacción do proxecto técnico básico e de execución, estudio de seguridade e saúde e dirección de obra, en calidade de arquitecto superior da obra, do Centro de Tecnificación de Vela de Galicia e Escola Municipal de Vela en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Adxudicatario: Alfonso Penela Fernández, arquitecto.

Importe da adxudicación: 58.739 euros.

Data da resolución: 30 de setembro de 2002.

3. Contrato de servicios.

3.1. Resolución de licitación: 15 de outubro de 2002 (DOG nº 205, do 23 de outubro).

Obxecto do contrato: servicio de vixilancia das instalacións do INEF de Galicia en Bastiagueiro, no concello de Oleiros (A Coruña).

Adxudicatario: Grupo Cetssa Seguridad, S.A.

Importe da adxudicación: 119.273,08 euros.

Prazo de execución: dous (2) anos.

Data da resolución: 27 de novembro de 2002.

4. Contrato privado de seguro.

4.1. Resolución de licitación: 9 de setembro de 2002 (DOG nº 177, do 13 de setembro).

Obxecto do contrato: contrato privado de seguro (póliza) de accidentes deportivos e asistencia sanitaria.

Adxudicatario: ASISA, Asistencia Sanitaria Interprovincial de Seguros, S.A.

Importe da adxudicación: 118.134,72 euros.

Data da resolución: 10 de outubro de 2002.

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2003.

P.D. (Orde 11-1-2002)

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte