Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Venres, 07 de marzo de 2003 Páx. 2.793

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 2003 pola que se anuncia a adxudicación de varios contratos.

Por resolucións do secretario xeral, actuando en nome do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, por delegación de competencias, segundo a Orde do 18 de decembro do 2001, resolveu adxudica-los seguintes contratos:

Contratación da obra de adecuación urxente do bordo sudoeste e controis da nova estafeta de correos e posto de control no complexo administrativo de San Caetano, convocada por concurso aberto anun

ciado no Diario Oficial de Galicia con data do 13 de novembro do 2002.

Adxudicatario: Dragados, Obras y Proyectos, S.A.

Importe: 555.695,79 euros.

Contratación da composición, impresión e distribución do Diario Oficial de Galicia, mediante concurso aberto, anunciado no Diario Oficial de Galicia número 72, do día 15 de abril de 2002.

Adxudicatario: La Voz de Galicia, S.A.

O que se fai público para efectos do previsto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2003.

P.D. (Orde 18-12-2001)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia,

Relacións Institucionais e Administración Pública